Alófono (fonética): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Características ==
Un exemplo típico de '''alofonía''' en [[Lingua galega|galego]] é o que existe entre as dúas realizacións do [[fonema]] /d/ na palabra "dado". Aínda que ambolosámbolos dous se recoñecen normalmente como idénticos, e a [[ortografía]] identifícaos co mesmo carácter, presentan unha diferenza fonética considerable na [[fonación]]: a posición da punta da lingua no primeiro dos casos (o [[oclusión|oclusivo]] sonoro escrito en [[Alfabético Fonético Internacional|AFI]] como [d]) atópase debaixo dos incisivos superiores, mentres que no segundo "d" (o [[fricación|fricativo]] [ð]) atópase detrás dos mesmos e xunto ao [[padal]], co que permite a expulsión de [[aire]] polos costados da [[boca]].
 
Este é un exemplo particular da alofonía das [[oclusión|oclusivas]] sonoras ([b], [d] e [g]) coas [[fricación|fricativas]] ([β], [ð] y [ɣ]) en galego, en que as variacións no son -aínda que sexan tan grandes como as que existen entre outros [[fono]]s que si se opoñen [[fonoloxía|fonoloxicamente]]- non alteran o significado da palabra en que están inseridas.
 
Outro exemplo: as [[vogal|vogais]] pódense [[nasal]]izar; é dicir, pronunciar expulsando o '''aire''' asemade pola boca e o nariz en lugar de só pola boca; sen que por iso representen un [[fonema]] distinto. Noutros idiomas, pola contra, estas diferenzas si poden estar recoñecidas fonoloxicamente (como a que hai entre vogais orais e nasais no [[Lingua francesa|francés]] ou no [[guaraní]]).