Pirámide de poboación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
engado imaxe
Liña 8:
[[Ficheiro:Pyramide des âges-Afghanistan.PNG|miniatura|dereita|225px|A pirámide de [[demografía de Afganistán|poboación de Afganistán]] é un exemplo de pirámide de tipo expansiva]]
[[Ficheiro:Pirámide de población de España (2005).png|miniatura|dereita|225px|A pirámide de [[poboación de España]] é un exemplo de pirámide de transición demográfica]]
[[Ficheiro:PopulationPyramid France.svg|miniatura|A pirámide de poboación de Francia é un exemplo de modelo de pirámide estacionaria.]]
 
* '''Pirámide de poboación de tipo expansiva'''. Presentan unha base ancha e un angostamiento progresivo e regular ata a cúspide da pirámide. En xeral e normalmente caracteriza aos países con forte natalidade e mortalidade media ou forte. Implica ''poboacións novas''.
* '''Pirámide de [[transición demográfica]]'''. Presentan un angostamento pronunciado na base, cun menor número de persoas nas idades menores, evidenciando un descenso progresivo da [[taxa de fecundidade xeral]] e, polo tanto, da súa [[taxa de natalidade]], o cal ocasiona que as barras inferiores sexan máis angostas cada ano que pasa e que comece a variar a estrutura de idades, xa que a poboación en xeral tende ó envellecemento crecente ó diminuír a [[taxa de natalidade]] e por conseguinte, a proporción de xente nova. Ademais, tamén se modifica, aínda que máis lentamente, a composición segundo o sexo da poboación total, pola natalidade e mortalidade diferenciais en canto ó sexo: nacen máis homes que mulleres (aproximadamente, uns 102 homes por cada 100 mulleres, tanto a nivel mundial como nacional e ata local cando se trata de cidades de certo tamaño), de maneira que se comeza a diminuír a natalidade, a proporción de poboación masculina tenderá tamén a baixar. E por outra banda, a mortalidade afecta en maior proporción e máis cedo, á poboación masculina, dando orixe a unha crecente desproporción entre o número de mulleres e de homes a favor das primeiras, especialmente a partir dos 65 anos aproximadamente (existen diferenzas entre os países, segundo sexan as súas características demográficas), algo que se debe á [[esperanza de vida]] máis longa da poboación feminina. En xeral e normalmente, caracteriza ós países con natalidade decreciente e mortalidade relativamente estabilizada. Implica ''poboacións en transición cara ó envellecemento''.