Conquistadores casteláns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Factores: poño referencia
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxar por lanzar. Arroxar tornar cor roxa. Lingua
Liña 42:
A pesar de que moitas civilizacións americanas desenvolveran métodos avanzados para o tratamento e fundido dos metais ([[ouro]], [[prata]], [[bronce]], [[estaño]], [[cobre]]), este coñecemento aplicouse principalmente para a elaboración de obxectos relixiosos, artísticos e simbólicos, así como de utensilios domésticos de uso cotián. Só os [[pobo quechua|quechuas]] e os [[Pobo purépecha|purépecha]]s elaboraban armas de cobre, pero estas non alcanzaban o fío e dureza do ferro e o aceiro. Os cascos e armaduras de ferro que utilizaron os conquistadores constituíron un importante factor de [[defensa persoal]]. Con todo, a depurada tecnoloxía téxtil das civilizacións andinas, que permitía tecidos de ata 500 fíos por polgada estruturados en capas sucesivas, permitiulles desenvolver eficientes armaduras de tecido acolchado (o escaupil) que foron adoptadas finalmente polos españois, abandonando os seus cascos e courazas metálicas,<ref name="ReferenceB">Mann, Charles (2006). ''1491''; Madrid:Taurus, pag. 123</ref> xa que estas non eran adecuadas para climas tropicais, tanto pola calor que daba aos portadores como pola corrosión que sufrían.
 
OA arma principal dos exércitos andinos era a [[fonda (arma)|fonda]], realizada con tecidos, coa que arroxabanlanzaban pedras quentadas ata o vermello vivo, envolvidas en algodón e brea. Utilizando estas armas os [[quechua]]s arrasaron [[Cuzco]] ocupada polos españois en [[1536]].<ref name="ReferenceB"/>
 
[[Ficheiro:Arkebuz.jpg|250px|miniatura|esquerda|[[Arcabuz]].]]
No primeiro momento da conquista as armas de fogo e en especial os [[Arcabuz|arcabuces]] causaron grangrande impresión debido ao estrondo. Pero o seu efecto militar foi escaso. As espadas de aceiro e de ferro, os coitelos e as armaduras demostraron ser moito máis efectivos militarmente. Por esta razón, cando alcanzaban o dominio dalgunha nación, os españois prohibían o acceso ás armas de ferro por parte dos poboadores sometidos.
 
Os animais foron outro factor militar. Por unha banda, a introdución do [[cabalo]] por parte dos españois, permitiulles nalgúns casos moverse con rapidez e lanzar rápidos ataques. Con todo nas zonas montañosas e selváticas, os españois mostráronse menos adaptados tecnoloxicamente que as culturas [[Amerindio|amerindias]], que utilizaban a [[llama]] e técnicas especiais para construír camiños e pontes adaptadas a ese tipo de terreos. Nalgúns casos os pobos orixinarios, principalmente en [[Norteamérica]], a [[Pampa, Sudamérica|pampa]] e a [[Patagonia]], apropiáronse do cabalo e desenvolveron técnicas de adestramento e monta superiores ás que tiñan os españois{{Cómpre referencia}}, e volvéronse un factor decisivo para rexeitar aos conquistadores. Os españois utilizaron tamén [[can]]s para rastrexar e atacar indíxenas e escravos na selva e nos bosques.<ref>Bethany Aram, op. cit., p. 51</ref>