Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en Sudamérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]], e con outros galegos como [[José Fernando Fernández Vázquez]] (''Comandante Sotomayor''), o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' o [[22 de xaneiro]] de [[1961]], en ruta entre [[Curaçao]] e [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán de Porto Rico]], na coñecida como [[Operación Dulcinea]], co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]]. Fracasada a operación por diversos motivos, o [[4 de febreiro]] de [[1961]] acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de [[São Paulo]].
 
En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro]] de pulmón]].
 
==Véxase tamén==