Alfredo Astiz: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Cambiei arroxaran por botaran |
m →O grupo da igrexa Santa Cruz: Lingua |
||
Liña 8:
=== O grupo da igrexa Santa Cruz ===
A Alfredo Astiz encomendóuselle a tarefa especial de infiltrarse nas organizacións de dereitos humanos e en especial na Asociación [[Nais de Praza de Maio]]. Para iso adoptou o nome falso de Gustavo Niño, simulando ser familiar dun detido-desaparecido. As nais adoitaban referirse a el cariñosamente como ''"el rubito"'', por mor do ton louro do seu cabelo e os seus ollos azuis. Nese carácter Astiz desempeñouse activamente e o seu nome suposto chegou a figurar na solicitude reclamando a liberdade dunha listaxe de detidos-desaparecidos que as organizacións de dereitos humanos publicaron no xornal [[La Nación]] o [[10 de decembro]] de [[1977]]. Astiz, baixo o seu nome simulado de Gustavo Niño, acostumaba acompañar
En decembro de [[1977]] tomouse a decisión de facer desaparecer ao grupo de dereitos humanos que se reunía na igrexa Santa Cruz, en gran medida debido a que a exposición de Astiz fora moi alta. Entre o 8 e o 10 de decembro o Grupo de Tarefas 332 secuestrou e detivo clandestinamente ao grupo de Santa Cruz: [[Azucena Villaflor|Azucena Villaflor de Vicenti]], [[Esther Ballestrino|Esther Ballestrino de Careaga]], [[María Ponce|María Ponce de Bianco]] (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas francesas [[Alice Domon]] e [[Léonie Duquet]], e os activistas de dereitos humanos [[Ángela Auad]], Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo. Durante o operativo Astiz seguiu aparentando ser un familiar e foi sinalando cun abrazo no adro da igrexa a quen debían ser secuestrados. Durante varios anos considerouse que Gustavo Niño era un desaparecido e incluíse nas listaxes para reclamar pola súa vida.
|