Conquista romana de Britania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 8:
Na década dos anos [[40]], a situación política dentro de Britania era moi inestable. Os catuvellaunos desprazaran aos trinovantes como o reino máis poderoso do sueste de Britania, tomando a antiga capital Trinovantiana de Camuloduno (Colchester), e iniciaron unha política de presións cara ós seus veciños os atrebates, dirixidos polos descendentes do antigo aliado e posterior inimigo de Xulio César, Comio.<ref>John Creighton (2000), ''Coins and power in Late Iron Age Britain'', Cambridge University Press</ref>
 
[[Calígula]] planificou unha campaña contra os britanos en [[40]], pero a súa execución foi realmente estraña: segundo o que escribe [[Suetonio]] na súa obra ''As vidas dos doce césares'', o emperador dispuxo ás súas tropas en formación de batalla ó longo da [[Canal da Mancha|canle da Mancha]] e ordenoulles que atacasen permanecendo na auga. Posteriormente ordenou que os soldados debían recoller cunchas da auga como "o tributo que o océano debía ao Monte Capitolino e ó Monte Palatino".<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Suetonio Suetonio], ''Calígula'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Suetonius/12Caesars/Caligula*.html#44 44-46]; [//es.wikipedia.org/wiki/Dión_Casio Dión Casio], ''Historia Romana'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/59*.html#25 59.25]</ref> Os historiadores modernos non se mostran seguros respecto de se esa acción foi un castigo a un posible motín dos soldados ou consecuencia dun dos desvaríos de Calígula. O certo é que esta tentativa de invasión preparou ás tropas e facilitou a invasión de [[Claudio]] iniciada tres anos despois (por exemplo, Calígula edificou un [[Faro (construción)|faro]] en Boulogne-sur-Mer, que serviu como modelo para outro construído en [[43]], en Dubris).
 
== Preparativos de Claudio ==