Guerra civil estadounidense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxados por quitados. Arroxar https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/arroxar
Liña 69:
 
=== A importancia estratéxica do ferrocarril ===
Cando o xeneral Johnston trasladou rapidamente en tren máis de 8.000 homes desde o val do Shenandoah para reforzar ao exército confederado en Bull Run, deu ao mundo a primeira demostración da importancia estratéxica dos ferrocarrís en tempos de guerra. Os observadores europeos estiveron presentes nesta guerra, por iso é polo que o exército [[prusia]]no mobilizarase contra [[Austria]] pouco antes da batalla de Sadowa ([[1866]]) en ferrocarril, sendo este o primeiro caso europeo. Estados Unidos posuía unhas 30.000 millas de vías, as tres cuartas partes no Norte. As liñas férreas federais, que enlazaban a costa atlántica co val do Mississippi, usáronse arreo durante a guerra para o movemento de tropas e subministracións. A rede foise desenvolvendo constantemente: tendíanse vías e construíanse [[Tren|locomotoras e vagóns]] a modo de auténticos hospitais rodantes. O Sur, con menos tendido férreo, traballou na súa rede ferroviaria co problema de depender anteriormente do Norte, e xa que logo sen ningunha industria dese tipo. Non se construíron novas liñas durante a guerra: todas as liñas novas tendidas para o servizo das tropas construíronse a expensas dunha lonxitude equivalente de trazado nalgunha outra parte. Como as liñas férreas foron tan importantes, convertéronse en obxectivos militares. Non só se destruíron locomotoras e pontes, senón tamén vías. Os raís eran arrincados, arroxadosquitados mediante fogueiras feitas cos traveseiros, deformados e enroscados ás árbores para volvelos inutilizables.
 
=== A comunicación a través do telégrafo ===