Kentucky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: Estados Unidos da América → Estados Unidos de América (2)
m →‎Educación: Docente
Liña 284:
Actualmente, tódalas institucións educativas en Kentucky necesitan seguir as regras e patróns ditados polo Consello Estatal de Educación de Kentucky. Este consello controla directamente o sistema de escolas públicas do estado, que está dividido en diferentes distritos escolares. O Consello é composto por sete membros elixidos polo gobernador e aprobados polo Senado, en mandatos de ata catro anos de duración. Nas cidades con máis de oito mil habitantes, a responsabilidade da administración do sistema escolar público é dos distritos municipais, mentres que en rexións menos densamente habitadas, esta responsabilidade é dos distritos escolares operando en todo o condado en xeral. Kentucky permite a existencia de "escolas charter" —escolas públicas independentes, que non son administradas por distritos escolares, pero que dependen de orzamentos públicos. A atención escolar é obrigatoria para tódolos [[Infancia|nenos]] e [[Adolescencia|adolescentes]] con máis de seis anos de idade, ata a conclusión do ensino secundario, ou ata os dezaseis anos de idade.
 
En [[1999]], as escolas públicas do estado atenderon preto de 648 mil estudantes, empregando aproximadamente 42 mil [[mestreDocente|mestres]]s. As escolas privadas atenderon preto de 75 mil estudantes, empregando aproximadamente 5,5 mil profesores. O sistema de escolas públicas do estado consumiu preto de 3,646 billóns de dólares, e o gasto das escolas públicas foi de aproximadamente 6,4 mil dólares por estudante. Cerca do 83% dos habitantes do estado con máis de 25 anos de idade posúen un diploma de ensino secundario.
 
A primeira [[biblioteca]] pública de Kentucky foi fundada en 1795, en Lexington, aínda que os usuarios destas bibliotecas tiñan que pagar unha taxa mensual para teren o dereito de tomaren prestado material bibliotecario. Actualmente, tódalas cidades con máis de 8 mil habitantes administran polo menos unha biblioteca pública, mentres que os condados administran bibliotecas localizadas en varias cidades con menos de 8 mil habitantes.