Anticorpo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 240:
O desenvolvemento de organismos complexos, con [[tecido (bioloxía)|tecidos]] e varias liñas celulares necesitou a aparición de novas moléculas para asegurar, por un lado, que as células se adherían a outras da mesma colonia e por outro, a defensa ante posibles intrusos [[Parasitismo|parasitos]] ou [[patóxeno]]s. Tres tipos de moléculas, as [[lectina]]s, as [[proteína con repeticións ricas en leucina|LLR]] e as inmunoglobulinas, foron utilizadas ao longo da evolución no desenvolvemento dos sistemas inmunitarios. Os seus padróns operativos mestúranse ás veces para combinar as súas propiedades, aínda que existen poucas moléculas que conteñan os tres, como é o caso do xene da [[enfermidade poliquística renal]] (PKD1).<ref name="Dishaw">{{cita publicación periódica|autor=Litman, G; Cannon, JP y Dishaw, LJ:|título=Reconstructing immune phylogeny:new perspectives|ano=novembro de 2005|revista=[[Nature]]|volume=5|número=|url=}}</ref>
 
Moitos estudos achegan probas importantes de que a [[superfamilia das inmunoglobulinas]] ten representantes entre as [[bacteria]]s e [[archaea|arqueas]] ou que polo menos as presentes neste grupo e as de [[Eukarya|eucariotas]] poderían ter un antepasado común, a partir do cal evolucionaron de forma diverxente. Así, atribuíronse a este grupo de proteínas bacterianas "semellantes a inmunoglobulinas" (BIg's) o [[receptor do Fc]] de Ig en ''[[Streptococcus agalactiae]]'', e a [[endoglucanase|endoglucanase C]] de ''[[CellumonasCellulomonas fimi]]''.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Bateman, A; Eddy, SR y Chothia, C|título=Members of the immunoglobulin superfamily in bacteria|ano=1996|revista=Protein Science|volume=5|número=5|id=PMID 8880921|url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=2143528&blobtype=pdf}}</ref> Tamén existen outros exemplos como a [[invasina]] de ''[[Yersinia pseudotuberculosis]]'' ou as Lig (''Leptospiral Ig-like'', similares a Ig de Leptospira) de diversas especies de ''[[Leptospira]]''.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Dersch P, Isberg RR.|título=An immunoglobulin superfamily-like domain unique to the Yersinia pseudotuberculosis invasin protein is required for stimulation of bacterial uptake via integrin receptors.|ano=2000|revista=Infect Immun|volume=68|número=5|id=PMID 10768991|url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=97506&blobtype=pdf}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|autor=Matsunaga, J; Ko, AI e colaboradores:|título=Pathogenic Leptospira species express surface-exposed proteins belonging to the bacterial immunoglobulin superfamily|ano=2005|revista=Mol Microbiol|volume=49|número=4|id=PMCID PMC1237129|url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=1237129&blobtype=pdf}}</ref> Despois do seu achado en ''[[Streptococcus]]'' descubriuse unha proteína deste tipo no [[fago T4]]. Nesta ocasión destacouse que o seu papel estaba relacionado coa adhesividade celular.<ref>{{cita publicación periódica|autor=ateman A, Eddy SR, Mesyanzhinov VV:|título=A member of the immunoglobulin superfamily in bacteriophage T4|ano=1997|revista=Virus Genes|volume=14|número=2|id=PMID 9237357|url=}}</ref>
 
As proteínas con dominios Ig son comúns en eucariotas unicelulares, e ata certo punto a súa estrutura é un carácter [[conservación (xenética)|conservado]].<ref>{{cita publicación periódica|autor=Wojciechowicz D, Lu CF, Kurjan J, Lipke PN|título=Cell surface anchorage and ligand-binding domains of the Saccharomyces cerevisiae cell adhesion protein alpha-agglutinin, a member of the immunoglobulin superfamily|ano=1993|revista=Mol Cell Biol|volume=13|número=4|id=PMID 8455628|url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=359586&blobtype=pdf}}</ref> Un exemplo disto serían as alfa aglutininas de ''[[Saccharomyces cerevisiae]]''. Trátase de moléculas que median na adhesión celular e que gardan grandes homoloxías co grupo [[CD2]]-[[CD4]] de [[Homo sapiens|humanos]], cuxo papel é en parte similar, intervindo neste último caso na adhesión dos [[linfocito T|linfocitos T]] coas células presentadoras de antíxenos e as células diana.<ref>{{cita publicación periódica|autor=Grigorescu A, Chen MH, Zhao H, Kahn PC, Lipke PN|título=A CD2-based model of yeast alpha-agglutinin elucidates solution properties and binding characteristics|ano=2000|revista=IUBMB Life|volume=50|número=2|id=PMID 11185954|url=}}</ref>