Ireneu de Lión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Infobox Santo
|nome= Santo IrineoIreneo de Lión
|imaxe= Irenæus_af_Lyon_Frederikskirken.JPG
|data de nacemento= primeira metade do século II
Liña 10:
|data de canonización= Anterior á [[Congregación para as Causas dos Santos]]
|canonizado por =
|santuario principal=[[Igrexa de San Xoán de Lión]], despois renomeada Santo IrineoIreneo
|imaxe tamaño=
|patrón de=
}}
 
'''IrineoIreneo'''<ref name="DEGU">{{Cita enciclopedia |artigo=Ireneo de Lyon, santo |enciclopedia=[[Diccionario enciclopédico galego universal]] |ano=2003-2004 |volume=35 |páxina=31 |editorial=''[[La Voz de Galicia]]'' |isbn=84-7680-429-6 }}</ref><ref name="DS21">{{Cita enciclopedia |artigo=Ireneo, santo |enciclopedia=[[Diciopedia do século 21]] |volume=2 |páxina=1139 |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |isbn=978-84-8288-942-9 |cita= Padre da Igrexa (ca. 130-ca. 208). Bispo de Lión desde o 177. Combateu aos gnósticos.}}</ref><ref name="EGU>{{Cita enciclopedia |artigo=Ireneo de Lyon, santo |enciclopedia=[[Enciclopedia Galega Universal]] |ano=1999-2002 |volume=10 |páxina=434 |editorial=[[Ir Indo]] |isbn=84-7680-288-9}}</ref> (en [[Lingua grega|grego]] '''Εἰρηναῖος'''), nado na primeira metade do século II e finado cara ao [[202]], foi un apoloxista [[Cristianismo|cristián]] e un dos primeiros [[Pais da Igrexa]]. Foi oínte de [[Policarpo de Esmirna|Policarpo]],<ref>Eusebio de Cesarea, ''Historia Eclessiastica''. Libro V. Capítulo V.</ref> quen segundo a tradición fora discípulo de [[Xoán o Evanxelista]]. Desde 189, foi bisbo de Lugdunum, Galia, entón parte do Imperio Romano (hoxe [[Lión]], Francia). Considérase o adversario máis importante do [[gnosticismo]] do século II. A súa obra principal é ''Contra as herexías''. Os seus escritos foron decisivos nos comezos do desenvolvemento da [[teoloxía]] cristiá. Tanto a [[Igrexa Católica]] como a [[Igrexa Ortodoxa|Ortodoxa Oriental]] considérano santo. Na primeira a súa festa é o 28 de xuño,<ref>''Calendarium Romanum'' (Libreria Editrice Vaticana 1969), p. 96</ref> na segunda o 23 de agosto. A [[Luteranismo|Igrexa Luterana]]<ref>https://web.archive.org/web/20110307123411/http://www.lcms.org/pages/internal.asp?NavID=867</ref><ref>Evangelical Lutheran Church in America: Lesser Festivals and Commemorations, Evangelical Lutheran Worship, p. 16. Augsburg Fortress.</ref> conmemórao<ref>https://web.archive.org/web/20130725193225/http://www.elca.org/Growing-In-Faith/Worship/Learning-Center/FAQs/Commemorations.aspx</ref> tamén o 28 de xuño.
 
[[File:Lyon - Église Saint-Irénée - Calvaire.JPG|thumb|Lión - Calvario da Igrexa ''Saint-Irénée'']]
 
==Traxectoria==
IrineoIreneo naceu na primeira metade do século II (segundo uns, entre os anos 115 e 125, segundo outros entre 130 e 142). Crese que fora grego, nado na mesma cidade que Policarpo, [[Esmirna]], en [[Anatolia|Asia Menor]], (hoxe İzmir, [[Turquía]]).<ref>O propio Ireneo conta (Contra as herexías 3.3.4, cf Eusebio ''Historia Ecclesiastica'' 5.20.5ff) que na súa 'mocidade' viu a Policarpo, bispo de Esmirna martirizado c156. Esta é a proba usada para supór que IrineoIreneo naceu en Esmirna arredor da década que vai de 130 a 140.</ref> A diferenza de moitos dos seus contemporáneos, non se converteu na idade adulta senón que se criou nunha familia cristiá.
 
Durante a persecución de [[Marco Aurelio]], emperador romano entre 161 e 180, IrineoIreneo foi crego da Igrexa de [[Lión]]. O clero desa cidade, que tiña moitos dos seus membros encarcerados, en 177 enviouno cunha carta para [[Eleuterio, papa|Eleuterio]], o bispo de Roma, na que pedía tratar con suavidade aos [[Montanismo|montanistas]] de [[Frixia (rexión)|Frixia]]. Mentres IrineoIreneo estaba en [[Roma]], en Lión ocorreu unha matanza. Xa de regreso na [[Galia]], Ireneo sucedeu ao martirizado primeiro bispo de Lión, [[Potino]].<ref>Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.4.1</ref>
 
Sábese pouco sobre a súa carreira como bispo. Despois da persecución de Marco Aurelio seguiu certa paz relixiosa. IrineoIreneo escribiu obras contra o gnosticismo. A máis famosa é ''Adversus haereses'' ("Contra as herexías") un tratado de 5 volumes de arredor do ano 180. Ireneo suxire que tería contacto con gnósticos e os seus escritos, e isto quizais acontecera en Asia Menor ou Roma.<ref>IrineoIreneo, ''Contra as herexías'', 1.pr.2, 4.pr.2</ref> Porén, parece que tamén había gnósticos preto de Lión: IrineoIreneo escribe que había seguidores de [[Simón o Mago]] que vivían e ensinaban no val do [[Río Ródano|Ródano]].<ref name="ReferenceA">Eusebio, ''Historia Ecclesiastica'' 5.24.1</ref>
 
A última acción rexistrada sobre el (por [[Eusebio de Cesarea|Eusebio]], 150 anos despois) é que en 190 ou 191 influiu sobre o bispo romano Vítor I para que non excomungase as comunidades cristás de Asia Menor que seguían a celebrar a [[Pascua cristiá|Pascua]] o 14 de [[Nisán]] (é dicir, na data tradicional xudía).<ref name="ReferenceA"/>
 
Descoñécese cando morreu, mais ocorrería a finais do século I ou comezos do II. Algúns católicos e ortodoxos considérano mártir.<ref>Gregorio de Tours é o primeiro en mencionar a tradición que considera que IrineoIreneo foi mártir.</ref> Foi sepultado baixo a [[Igrexa de San Xoán de Lión]], despois renomeada Santo IrineoIreneo no seu honor. En 1562 a tumba e os seus restos foron destruídos polos [[hugonotes]].
 
==Escritos==
IrineoIreneo escribiu varias obras, pero a máis importante que se conserva e ''Adversus haereses'', en cinco volumes. Porén, non fica ningunha versión completa do seu orixinal grego, senón unha antiga versión latina, probablemente do século III, e trinta e tres fragmentos dunha versión siria e unha versión armenia completa dos libros 4 e 5.<ref>Richard A. Norris, Jr, 'Irenaeus of Lyons', en Frances Young, Lewis Ayres and Andrew Louth, eds, The Cambridge History of Early Christian Literature, (2010), p. 47</ref>
 
Tamén escribiu ''A demostración da prédica apostólica'', da que se descubriu unha copia armenia en 1904, e que parece unha instrución para cristiáns convertidos recentemente.<ref>The Development of the Canon of the New Testament - Irenaeus". En liña en http://www.ntcanon.org/Irenaeus.shtml. Consultado o 24 de novembro de 2014.</ref>
 
[[Eusebio de Cesarea|Eusebio]] atesta outras obras de IrineoIreneo, hoxe perdidas, incluíndo ''Sobre a Ogdoade'', unha carta sen título dirixida a Blasto sobre o cisma, ''Sobre o suxeito do coñecemento'', ''Sobre a monarquía'' ou ''Como Deus non é a causa do mal''.
Pese á ampla influencia de IrineoIreneo sobre a seguinte xeración –tanto [[Hipólito, antipapa|Hipólito]] como [[Tertuliano]] beberon libremente nos seus escritos– ningunha das súas obras –salvo ''Contra as herexías'' e ''A demostración da prédica apostólica''– se preservou ata hoxe, talvez por mor da súa esperanza literal nun milenio terrestre, que o convertería nunha lectura non grata no oriente grego.<ref>Henry Chadwick, ''The Early Church''. Penguin Group, 1993, p. 83</ref>
 
===Contra as herexías===
A obra foi escrita en [[Lingua grega antiga|grego]] en 180, mais axiña traducida ao [[Lingua latina|latín]]. Ten cinco volumes ou libros. No primeiro IrineoIreneo fala dos [[gnósticos valentinianos]] e os seus predecesores, quen fai remontar a [[Simón o Mago]]. No segundo libro tenta probar que o [[valentinianismo]] non ten méritos doutrinais. No terceiro pretende demostrar a falsidade desa herexía con evidencias que colle dos evanxeos. O cuarto libro consiste en ditos de Xesús, e IrineoIreneo salienta a unidade do [[Antigo Testamento|''Antigo testamento'']] cos [[Evanxeo]]s. No último volume IrineoIreneo céntrase en máis ditos de Xesús e ademais nas cartas de [[Paulo de Tarso|Paulo o Apóstolo]].<ref>Grant, Robert M., ''Irenaeus of Lyons'', p. 6. Routledge 1997</ref>
 
O propósito de ''Contra as herexías'' foi refutar os ensinos de diversos grupos gnósticos; aparentemente, varios mercadores gregos comezaran unha campaña oratoria no bispado de IrineoIreneo, ensinando que o mundo material era unha creación accidental dun deus mao, do cal temos que escapar procurando a [[gnose]] (coñecemento). IrineoIreneo sostivo que a verdadeira gnose é o coñecemento de Cristo, que redime, máis que liberar da existencia corpórea. Ata a descuberta da [[Biblitoteca de Nag Hammadi]] en 1945, ''Contra as herexías'' foi a mellor descrición do gnosticismo que se tiña. De acordo con algúns estudosos bíblicos, o achado de Nag Hammadi amosou que a descrición de IrineoIreneo sobre o gnosticismo era moi cuestionable.<ref>Pagels, Elaine. ''Beyond Belief'', Pan Books, 2005. p. 54</ref><ref>Robinson, James M., ''The Nag Hammadi Library'', HarperSanFrancisco, 1990. p. 104.</ref> Aínda que correcta nalgúns detalles sobre o sistema de crenzas de diversos grupo, o principal propósito de IrineoIreneo era previr aos cristiáns respecto ao gnosticismo, máis que catalogar esas crenzas. IrineoIreneo describe aos gnósticos como libertinos sexuais, por exemplo, cando algúns dos escritos destes grupos avogan pola castidade con máis énfase que os textos ortodoxos —se ben os textos non poden ser tidos como guías das prácticas reais, das que non se sabe fiablemente case nada ata hoxe.<ref>Pagels, Elaine. ''The Gnostic Gospels'', Vintage Books, 1979. p. 90.</ref><ref>Ehrman, Bart D., ''Lost Christianities'' (Oxford University Press, 2005), p. 121.</ref>
Porén, polo menos un estudoso, Rodney Stark, sostén que a propia Biblioteca de Nag Hammadi proba que IrineoIreneo tiña razón.<ref>Stark, Rodney. ''Discovering God'' (New York: HarperCollins, 2007), pp. 325–327</ref> Por exemplo, IrineoIreneo escribiu: "Declaran que [[Xudas Iscariote|Xudas]] o traidor estaba completamente informado destas cousas, e que só el, coñecendo a verdade coma ningún outro, cumpriu o misterio da traizón; por el [Xudas] todas as cousas son así botadas na confusión. Eles crean unha historia ficticia desta clase, a cal intitulan o Evanxeo de Xudas."<ref>IrineoIreneo. Contra as herexías, I:31.1.</ref> Esta afirmación resultou confirmada pola descuberta do [[Evanxeo de Xudas]], onde Xesús pide a Xudas que o traizoe.
 
En calquera caso, os gnósticos non eran un só grupo, senón un conxunto de [[seita]]s. Algúns serían libertinos pois consideraban sen sentido a existencia corpórea; outros loaban a castidade e prohibían vehementemente calquera actividade sexual, mesmo o matrimonio.<ref>Stark, Rodney. ''Cities of God'', Harper Collins, 2007. cap. 6</ref>
 
==Escrituras==
IrineoIreneo sinala como proba de ortodoxia as Escrituras, clasificando como tales non só o [[Antigo Testamento|''Antigo testamento'']] senón a maioría dos libros hoxe coñecidos como ''[[Novo Testamento|Novo testamento]]'',<ref>Cross, F. L., ed. ''The Oxford Dictionary of the Christian Church'' (Nueva York: Oxford University Press, 2005)</ref> e exclúe moitas obras, maioritariamente gnósticas, que xurdiran no século II e que reclamaban ter autoridade como escrituras.<ref>Encyclopaedia Britannica: Saint Irenaeus". Encyclopedia Britannica. Dispoñible en liña en http://www.britannica.com/biography/Saint-Irenaeus. Consultado o 24 de novembro de 2014.</ref> A miúdo IrineoIreneo, como estudante de [[Policarpo de Esmirna|Policarpo]], un suposto discípulo directo de [[Xoán o Evanxelista|Xoán]], cría estar a interpretar as escrituras coa mesma [[hermenéutica]] que os [[apóstolo]]s.<ref>Farmer, Hugh (1997). The Oxford Dictionary of Saints (Fourth ed.). Oxford: Oxford University Press. p. 250. ISBN 0-19-280058-2.</ref> Isto é importante, pois IrineoIreneo sostiña que, aínda que tanto el como os gnósticos dicían basear os seus argumentos nas escrituras, el podía remontar a súa autoridade ata Cristo, e os gnósticos non, polo tanto, el tiña razón.<ref>J.T. Nielsen, ''Adam and Christ in the Theology of Irenaeus of Lyons: An Examination of the function of the Adam-Christ Typology in the Adversus Haereses of Ireaneus, against the Background of the Gnosticism of His Time''. Van Gorcum's Theologische Bibliotheek. (Asen, The Netherlands: Koninkliijke Van Gorcum 7 Comp. N.V., 1968), p. 48-49.</ref> Tamén usou a "[[Regra da fe]]",<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.4.2. e IV.33.7.</ref> un "proto-credo" con similitudes co [[credo dos apóstolos]], como unha clave hermenéutica para soster que a súa interpretación das escrituras era a correcta.<ref>Paul Parvis, "Who was Irenaeus? An Introduction to the Man and His Work", en ''Irenaeus: Life, Scripture, Legacy'', ed. Sara Parvis e Paul Foster (Minneanpolis: Fortress Press, 2012), 20.</ref>
 
Antes de IrineoIreneo, os cristiáns diferían canto aos evanxeos que preferían. Os cristiáns de Asia Menor preferían o de [[Evanxeo de Xoán|Xoán]]. O de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] era o máis popular de todos.<ref>Harris, Stephen L., ''Understanding the Bible'' (Palo Alto: Mayfield, 1985)</ref> IrineoIreneo afirmou que os evanxeos de Mateo, [[Evanxeo de Marcos|Marcos]], [[Evanxeo de Lucas|Lucas]] e Xoán, eran [[Evanxeos canónicos|escrituras canónicas]].<ref>"Pero non é posible que os Evanxeos sexan en número nin máis nin menos dos que son. Pois así como existen catro zonas do mundo no que vivimos e catro ventos principais, como a igrexa espallouse por todo o mundo, e como a 'columna e base" da Igrexa é o Evanxeo e o espírito de vida, é xusto que sexan catro piares, que respiren incorruptibiliade por todos os lados, e vivifiquen o humano outra vez. A partir deste feito, está claro que o Logos, o Demiurgo Formador de todo, el que se senta por sobre os querubíns e une todas as cousas, cando se manifestou á humanidade, deunos o evanxeo baixo catro formas, pero unidos por un só espírito". ''Contra as Herexias'' 3.11.8</ref> Así deu o testemuño máis antigo a favor dos catro evanxeos ata hoxe considerados canónicos. Posiblemente o fixera reaccionando contra a versión editada de Lucas feita por [[Marcionismo|Marción]], quen afirmaba que o de Lucas era o único evanxeo verdadeiro.<ref>Brown, Raymond E. ''An Introduction to the New Testament'', p. 14. Anchor Bible; 1ª edición (13 de outubro de 1997). Dispoñible en liña en http://www.amazon.com/gp/reader/0385247672/. ISBN 978-0-385-24767-2.</ref><ref>"The Development of the Canon of the New Testament - Irenaeus". Dispoññible en liña en http://www.ntcanon.org/Irenaeus.shtml. Consultado o 24 de novembro de 2014.</ref>
 
Algúns intérpretes, baseándose nos argumentos que da IrineoIreneo para apoiar só catro evanxeos, deducen que na época de IrineoIreneo o concepto de catro evanxeos auténticos entre os existentes sería unha novidade.<ref>McDonald & Sanders, ''The Canon Debate'', 2002, p. 277</ref> Contra as herexías 3.11.7 recoñece que moitos cristiáns heterodoxos usan só un evanxeo mentres que 3.11.9 recoñece que algúns usan máis de catro.<ref>McDonald & Sanders, p. 280. Tamén p. 310, resumindo 3.11.7: os ebionitas usan o Evanxeo de Mateo, Marción mutila o de Lucas, os docetistas usan o de Marcos, os valentinianos usan o de Xoán</ref> O éxito do ''[[Diatessaron]]'' de [[Taciano]] (unha harmonización dos catro evanxeos nunha sóa narración), aproximadamente na mesma época (c 150–160) é "... unha poderosa indicación de que o evanxeo cuádruplo que contemporaneamente promovía IrineoIreneo non era recoñecida amplamente, e moito menos universalmente."<ref>McDonald & Sanders, p. 280</ref>
IrineoIreneo tamén é o testemuño máis antigo de que o ''[[Evanxeo de Xoán]]'' foi escrito por [[Xoán o Evanxelista|Xoán o Apóstolo]],[41] e que o de Lucas foi escrito por Lucas, el compañeiro de [[Paulo de Tarso|Paulo]].<ref>McDonald & Sanders, p. 267</ref>
IrineoIreneo cita textos do hoxe coñecido como [[Novo Testamento|''Novo testamento'']] unhas 1000 veces. Preto dun terzo das citas remiten as [[Epístolas paulinas|cartas de Paulo]]. IrineoIreneo considerou que as 13 cartas do corpus paulino foran escritas polo propio Paulo.<ref>Blackwell, Ben C. Christosis: ''Pauline Soteriology in Light of Deificaiton in Irenaeus and Cyril of Alexandria'' (Tubinga, Alemaña: Mohr Siebeck, 2011), p. 36</ref>
 
==A teoloxía de IrineoIreneo e o seu contraste co gnosticismo==
O punto central da [[teoloxía]] de IrineoIreneo é a unidade e bondade de Deus, en oposición á teoría gnóstica sobre Deus que fala dunha serie de emanacións divinas ([[Eón (gnosticismo)|Eóns]]) e distingue entre a [[Mónada]] e o [[Demiúrgo]]. IrineoIreneo usa a teoloxía do [[Logos]] que herdou de [[Xustino Mártir]]. IrineoIreneo foi estudante de [[Policarpo de Esmirna|Policarpo]], de que se di que foi instruído por [[Xoán o Evanxelista|Xoán o Apóstolo]].<ref>McDonald & Sanders, p. 368</ref> (Xoán usara a terminoloxía do Logos no ''[[Evanxeo de Xoán]]'' e na ''[[Primeira Epístola de Xoán]]''). IrineoIreneo prefire falar do [[Xesús de Nazaret|Fillo]] e o [[Espírito Santo]] como as "mans de Deus".
 
===A unidade da historia da salvación===
A énfase de IrineoIreneo na unidade de Deus reflíctase na súa correspondente énfase na unidade da historia da [[salvación]]. IrineoIreneo insiste repetidamente en que Deus comezou o mundo e que vela por el desde ese acto creativo; todo o que aconteceu é parte do seu plan para a humanidade. A esencia deste plan é un proceso de maduración: IrineoIreneo cre que a humanidade foi creada inmatura e que Deus quixo que ás súas criaturas levase moito tempo crecer e asumir a semellanza divina. Así, [[Adán]] e [[Eva]] foron creados nenos. A súa [[Pecado orixinal|Caída]], pois, non foi unha total rebelión, senón máis ben unha desobediencia infantil, un desexo de crecer antes de tempo e ter todo inmediatamente.
Todo o que aconteceu desde entón foi, polo tanto, planeado por Deus para axudar á humanidade a superar ese incidente inicial e alcanzar a madurez espiritual. O mundo foi intencionadamente deseñado por Deus como un lugar difícil, onde os seres humanos son forzados a tomar decisións morais, pois só desta forma poden madurar como axentes morais. Irineu compara a morte co gran peixe que tragou a [[Xonás]]: só nas profundidades do ventre da balea Xonás podería volverse a Deus e actuar de acordo coa vontade divina. Do mesmo xeito, a morte e o sufrimento parecen males, pero sen eles nunca se podería chegar a coñecer a Deus.
 
Segundo IrineoIreneo, o punto alto da historia da [[salvación]] é a chegada de Xesús. Para IrineoIreneo, a [[Encarnación|Encarnación de Cristo]] foi destinada por Deus antes que El determinara que a humanidade sería creada. IrineoIreneo desenvolve esta idea baséandose en ''Rom. 5:14'', dicindo que "Por canto El tiña unha pre-existencia como un Ser salvífico, era necesario que o que pode ser salvado tamén fose chamado á existencia, a fin de que o Ser que salva non existise en balde." <ref>Ireneo, ''Contra as herexías'', III.22.3.</ref> Algúns teólogos afirman que Irineu cría que a [[Encarnación]] ocorrería mesmo se a humanidade nunca [[Pecado|pecara]]; pero o feito de que pecara determinou o papel del como o salvador.<ref>J.B. Carol, ''Why Jesus Christ?: Thomistic, Scotistic, and Conciliatory Perspectives'' (Manassas, VA: Trinity Communications, 1986), p. 172-74.</ref>
 
IrineoIreneo ve a Cristo como o novo Adán, que desfai sistematicamente o que Adán fixo: así, onde Adán foi desobediente respecto do edito de Deus sobre o froito da [[Árbore do Coñecemento do Ben e do Mal]], Cristo foi obediente ata a [[Crucifixión|morte na madeira dunha árbore]]. IrineoIreneo é o primeiro en establecer comparacións entre Eva e [[Virxe María|María]], contrastando a infidelidade da primeira coa fidelidade da última. Ademais de desfacer os erros cometidos por Adán, IrineoIreneo pensa que Cristo "recapitula" ou "resumo" a vida humana.<ref>AH 3.18.7; 3.21.9–10; 3.22.3; 5.21.1; véxase tamén, Klager, Andrew P. "Retaining and Reclaiming the Divine: Identification and the Recapitulation of Peace in St. Irenaeus of Lyons' Atonement Narrative," Stricken by God? Nonviolent Identification and the Victory of Christ, eds. Brad Jersak and Michael Hardin. (Grand Rapids: Eerdmans, 2007), esp. p. 462 n. 158.</ref>
 
IrineoIreneo concibe a nosa salvación como esencialmente xurdida da encarnación de Deus como home. Caracteriza a pena de pecado como a morte e a corrupción. Deus, porén, é inmortal e incorruptible, e simplemente uníndose á natureza humana en Cristo, el nos transmite esas calidades: elas espállanse, por así dicir, como unha infección benigna.<ref>M David Litwa, "The Wondrous Exchange: Irenaeus and Eastern Valentinians on the Soteriology of Interchange," ''Journal of Early Christian Studies'', p. 324-25.</ref> IrineoIreneo subliña que a salvación ocorre a través de Cristo e a súa [[Encarnación]], a cal concede a incorruptibilidade á humanidade, en vez de salientar a súa morte redentora na [[crucifixión]], aínda que o último acontecemento é parte integral do primeiro.<ref>Andrew J. Bandstra, "Paul and an Ancient Interpreter: A Comparison of the Teaching of Redemption in Paul and Irenaeus," Calvin ''Theological Journal 5'' (1970): pp. 47, 57.</ref>
 
===Vida de Cristo===
Parte do proceso de recapitulación é que Cristo pasara por todas as fases da vida humana, desde a infancia ata a vellez, e simplemente vivíndoas, santifícaas coa súa divindade. Aínda que ás veces se supón que IrineoIreneo cría que Cristo non morrera ata ser máis vello do que convencionalmente se di, o bispo de Lión só se referiu a que, como Xesús chegou a idade permitida para ser un [[Rabino|rabí]] (30 anos), recapitulou e santificou, segundo a periodización da vida humana tradicional xudía, o período entre os 30 e os 50 anos, e así tocou o inicio da vellez, cando unha persoa chega aos 50 anos. (véxase ''Contra as herexías'', Libro II, capítulo 22).
 
Na devandita pasaxe de ''Contra as herexías'', IrineoIreneo claramente di que despois de recibir o [[bautismo]] á idade de trinta anos, citando ''Lucas 3:23'', os gnósticos a continuación afirman falsamente que "El [Xesús] predicou só un ano a partir do seu bautismo", e tamén "Ao completar o seu trixésimo ano El [Xesús] padeceu, sendo, de feito, aínda mozo, e de ningún xeito acadou unha idade avanzada." IrineoIreneo argumenta contra os gnósticos usando as escrituras para amosar que Xesús vive, polo menos, varios anos despois do seu bautismo, referindo a 3 visitas a [[Xerusalén]] nitidamente separadas. A primeira, cando Xesús converte auga en viño, vai ata o día da festa pascal, despois do cal se retira e se atopa en Samaria. A segunda, cando Xesús vai a Xerusalén para a [[Semana Santa]] e cura ao paralítico, despois do cal se retira polo [[Mar de Galilea|mar de Tiberíades]]. A terceira mención é cando viaxa a Xerusalén, cea na [[Pascua xudía|Pascua]], e padece o día seguinte.<ref name="A.H. 2.22.5">A.H. 2.22.5</ref>
 
IrineoIreneo cita as escrituras, que nós citamos como Xoán 8:57, para suxerir que Xesús aínda predicaba cando tiña 40 anos. IrineoIreneo tamén escribe que "Os anciáns son testemuñas disto, quen en Asia se reuniron con Xoán o discípulo do Señor, no sentido de que Xoán lles entregara isto: pois residiu con eles ata os tempos de Traxano. E algúns deles non veron soamente a Xoán, senón tamén outros dos apóstolos, e tiñan o mesmo relato dado por eles, e testemuña da devandita relación. "<ref name="A.H. 2.22.5"/>
 
En Demostración (74) IrineoIreneo reforza a súa opinión de que Xesús tiña polo menos 45 coa afirmación "Pois [[Herodes Antipas|Herodes]] o rei dos xudeus e [[Poncio Pilatos]], o gobernador de [[Claudio|Claudio César]], reuníronse e condenárono a ser crucificado."<ref>https://web.archive.org/web/20140429052925/http://m.ccel.org/ccel/irenaeus/demonstr.preaching_the_demonstration_of_the_apostolic_preaching.html</ref> Isto dataría a crucifixión non antes de 42 d. C.<ref>Véxase Robert M Price. "Jesus at the Vanishing Point," en James K. Beilby & Paul Rhodes Eddy (eds.) ''The Historical Jesus: Five Views''. InterVarsity, 2009, p. 80-81.</ref>
 
==Uso das [[epístolas paulinas]]==
En IrineoIreneo moitos aspectos da presentación da historia da salvación dependen das epístolas de Paulo.
A concepción da salvación que tiña Ireneo depende moito de como é entendida nas cartas de Paulo. IrineoIreneo por primeira vez trae á luz o tema da vitoria sobre o pecado e o mal que produciu a morte de Xesús. A intervención de Deus salvou a humanidade da caída de Adán e da maldade de [[Satanás]].<ref>Bandstra, Andrew (1 de abril de 1970). "Paul and an Ancient Interpreter: a Comparison of the Teaching of Redemption in Paul and Irenaeus". ''Calvin Theological Journal 5'' (1): 48.</ref> A natureza humana uniuse coa de Deus na persoa de Xesús, permitindo así a natureza humana vencer o pecado.<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.18.7</ref> Paulo escribe sobre o mesmo tema, que Cristo veu para instituír unha nova orde, e que estar baixo a [[Lei mosaica|Lei]], é estar baixo o pecado de Adán (''Rom. 06:14'', ''Gal. 05:18'').
 
A reconciliación tamén é un tema de Paulo no que IrineoIreneo insiste no seu ensino sobre a [[salvación]]. IrineoIreneo cre que Xesús ao encarnar santifica a humanidade para que poida reflectir de novo á perfección asociada á semellanza do divino. Esta perfección leva a unha nova vida, na liñaxe de Deus, que sempre estase a esforzar pola vida eterna e a unidade co [[Pai]].<ref>Ireneo, Contra as herexías, III.18.1</ref><ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.19.1</ref> Isto tómao de [[Paulo de Tarso|Paulo]], quen atribúe esa reconciliación as accións de Cristo: "Pois como a morte veu a través dun ser humano, a resurrección dos mortos, tamén veu a través dun ser humano; pois como todos morren en Adán, así todos serán vivificados en [[Cristo]]" 1 Cor. 15: 21-2.
 
Un terceiro tema na concepción da salvación tanto en Paulo como en IrineoIreneo é que o sacrificio de Cristo é necesario para a vida nova dada á humanidade no triunfo sobre o mal. É nese sacrificio obediente que Xesús é gañador e reconciliador, borrando así as marcas que Adán deixara na natureza humana. Para argumentar contra os gnósticos sobre este punto, IrineoIreneo utiliza ''Colosenses'' (Col. 2: 13-4) para demostrar que a débeda que veu por unha árbore foi pagada por nós noutra árbore. Ademais, o primeiro capítulo de ''Efesios'' é tomado na discusión de Irineu sobre o tema cando afirma, "polo seu propio sangue nos redimiu, como tamén declaran os seus apóstolos, e 'En quen temos a redención polo seu sangue, tamén [temos] o perdón dos pecados '. "<ref>IrineoIreneo, ''Contra as herexías'', V.2.2</ref>
 
IrineoIreneo, na súa comprensión da salvación, non repetiu simplemente a mensaxe de Paulo. Un dos principais cambios que IrineoIreneo fixo é respecto a cando ocorrería a [[Parusía]]. Paulo di crer que ía a ocorrer en breve, probablemente durante a súa propia vida (''1 Tes. 04:15'', ''1 Cor. 15: 51-2''). Con todo, o fin dos tempos non acontece inmediatamente e os cristiáns comézanse a preocupar e ter dúbidas sobre a fe. IrineoIreneo ve no apresuramento un pecado, así como o foi cando Adán e Eva espelíronse a comer da [[Árbore do coñecemento do ben e do mal|árbore do coñecemento]]. Por outra banda, a redención restaurou á humanidade a través da submisión de Cristo á vontade de Deus. Así, a salvación do home tamén será restaurada á traxectoria orixinal controlada por Deus e perdida pola présa da pecado humano.<ref>Vogel, Jeff (2007). "The Haste of Sin, the Slowness of Salvation: An Interpretation of Irenaeus on the Fall and Redemption". ''Anglican Theological Review 89'' (3): 444.</ref> Esta versión un pouco máis lenta da salvación non é algo que IrineoIreneo recibira de Paulo, senón unha construción necesaria dado o atraso da [[Parusía|segunda vinda de Xesús]].
 
===Cristo como o Novo Adán===
Para combater os seus adversarios gnósticos, IrineoIreneo desenvolve significativamente a presentación de [[Paulo de Tarso|Paulo]] sobre [[Cristo]] como o Último Adán. A presentación de IrineoIreneo sobre Cristo como o novo Adán baséase no paralelismo Cristo-Adán de Paulo en ''Romanos 5: 12-21''. IrineoIreneo usa este paralelismo para demostrar que Cristo realmente [[Encarnación|asumiu a carne humana]]. IrineoIreneo considera necesario salientar isto porque entende que a incapacidade de recoñecer a plena humanidade de Cristo é o punto en común das distintas correntes gnósticas.<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.11.3.</ref>
 
IrineoIreneo cre que se o [[Logos|Verbo]] non se fixera carne, os seres humanos non serían integramente rescatados.<ref>Litwa, "The Wondrous Exchange," p. 312-13.</ref> Explica que, ao devir en home, Cristo restaurou a humanidade como imaxe e semellanza de Deus, o que se perdera na [[Pecado orixinal|Caída]].<ref>Irinao, Contra herexías, III.18.1.</ref><ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, V.16.2.</ref> Así como Adán foi a cabeza orixinal da humanidade a través de quen todos pecaron, Cristo é a nova cabeza da humanidade que cumpre o papel de Adán na economía da [[salvación]].<ref>Nielsen, ''Adam and Christ in the Theology of Irenaeus of Lyons'', p. 11.</ref> IrineoIreneo chama este proceso de restauración "recapitulación da humanidade".<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.18.2.</ref>
 
Para IrineoIreneo, a presentación que fai [[Paulo de Tarso|Paulo]] da [[Lei mosaica|Lei antiga]] (a Alianza mosaica) nesta pasaxe indica que a Lei antiga revelou a pecaminosidade dos homes, pero que non puido salvalos. Explica que a Lei "só puxo de relevo o pecado, pero non o destruíu. Pois o pecado non tiña dominio sobre o espírito, senón sobre o home".<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.18.7.</ref> Como os seres humanos teñen unha natureza física, non poden ser salvados por unha lei espiritual. En vez diso, precisan dun Salvador humano. Por iso era necesario que Cristo asumira a carne humana.<ref>IrineoIreneo, ''Contra as herexías'', III.18.7.</ref> IrineoIreneo resume como encarnado Cristo salva a humanidade cunha declaración que se asemella a ''Romanos 5:19'': "Porque, como pola desobediencia dun só home que foi orixinalmente moldeado dun solo virxe moitos se fixeron pecadores e perderon a vida, foi necesario que, pola obediencia dun só home, que foi orixinalmente nacido dunha virxe, moitos sexan xustificados e reciban [[salvación]]".<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.8.7.</ref> A creación física de Adán e Cristo é salientada por IrineoIreneo para demostrar como a [[Encarnación]] salva a natureza física da humanidade.<ref>Dominic J. Unger e Irenaeus M.C. trad. inglesa de Steenberg. ''St Irenaeus of Lyons: Against the Heresies III, Ancient Christian Writers: The Works of the Fathers in Translation'' (Nova York: The Newman Press, 2012), p. 176-77, nota final 48.</ref>
 
IrineoIreneo subliña a importancia da reversión que Cristo fai da acción de Adán. Por medio da súa obediencia, Cristo desfai a desobediencia de Adán.<ref>Andrew J. Bandstra, "Paul and an Ancient Interpreter," p. 50.</ref> IrineoIreneo presenta a [[Paixón de Cristo|Paixón]] como o clímax da obediencia de Cristo, subliñando como esta obediencia na árbore da Cruz (Fil. 2: 8) desfai a desobediencia que ocorreu a través dunha árbore (Gen 3:17).<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, V.16.3.</ref> A interpretación que fai IrineoIreneo da discusión de Paulo sobre Cristo como o novo Adán é significativa porque axudou a desenvolver a teoría da recapitulación da expiación. IrineoIreneo subliña que é a través da inversión que Cristo fai da acción de Adán que a humanidade é salvada, no canto de considerar que a [[Redención (relixión)|Redención]] ocorrese como unha forma de culto ou dunha forma xurídica.<ref>Bandstra, "Paul and an Ancient Interpreter," p. 61.</ref>
 
===[[Gnosticismo valentiniano]]===
O gnosticismo valentiniano foi unha das principais formas de gnosticismo que combateu IrineoIreneo. Segundo a visión gnóstica da salvación, a creación era perfecta desde o comezo; non precisaba de tempo para crecer e madurar. Para os [[valentinianos]], o mundo material é o resultado da perda de perfección que resultou do desexo de [[Sofía (gnosticismo)|Sofía]] por entender o Antepasado. Polo tanto, o home finalmente é rescatado mediante coñecementos secretos, para entrar no [[pléroma]] do que o [[Achamoth]] orixinalmente caeu.
 
Segundo os gnósticos valentinianos, hai tres clases de seres humanos. Os materiais, que non poden acadar a salvación; os psíquicos, que son fortalecidos polas obras e a fe (e que son parte da igrexa); e os espirituais, que non poden decaer ou ser prexudicados por accións materiais.<ref>Grant, Robert M., ''Irenaeus of Lyons'' (Routledge, 1997), p. 23.</ref> En esencia, os seres humanos comúns: os que teñen fe, pero non teñen o coñecemento especial, non acadarán a salvación. Os espirituais, en cambio, os que obteñan este gran don, son a única clase que acabará por acadar a salvación.
 
No seu artigo titulado ''O Demiúrgo'', JP Arendzen resume o punto de vista valentiniano da salvación do home. Escribe: "Os primeiros, ou homes carnais, tornarán á grosería da materia e finalmente serán consumidos polo lume; os segundos, ou homes psíquicos, xunto co Demiúrgo como o seu mestre, entrarán nun estado intermedio, nin ceo (pléroma ) nin inferno; os homes puramente espirituais ficarán completamente libres da influencia do Demiúrgo e, xunto co Salvador e Achamoth, o seu esposo, entrarán no pléroma desposuídos de corpo (hyle) e alma (psyche) ".<ref>"CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: Demiurge". Dispoñible en liña en http://www.newadvent.org/cathen/04707b.htm. Consultado o 24 de novembro de 2014.</ref>
Neste forma de entender a salvación, a finalidade da Encarnación foi redimir os Espirituais dos seus corpos materiais. Ao asumir un corpo material, o Fillo tórnase o Salvador e facilita a entrada no pléroma, facendo posible para os Espirituais recibiren o seu corpo espiritual. Con todo, devindo en corpo e alma, o propio Fillo faise unha das persoas que necesitan da redención. Polo tanto, a Palabra descende ao Salvador no seu bautismo no [[Río Xordán|Xordán]], o cal libera ao Fillo do seu corpo e alma corruptibles. A súa redención do corpo e da alma entón aplícase aos Espirituais.<ref>Litwa, "The Wondrous Exchange," p. 316-17.</ref> En resposta a esta visión gnóstica de Cristo, IrineoIreneo selientou que o [[Logos|Verbo]] se fixo carne e desenvolveu unha [[soterioloxía]] que subliñou a importancia do Corpo material de Cristo para salvar a humanidade, como se explicou máis enriba<ref>Litwa, "The Wondrous Exchange," p. 313-16.</ref>.
 
Na súa crítica do gnosticismo, Irineu referíuse a un [[Evanxeo de Xudas|evanxeo gnóstico]] que describiu a [[Xudas Iscariote|Xudas]] baixo unha luz positiva, como se actuara conforme ás instrucións de Xesús. O [[Evanxeo de Xudas]] descuberto recentemente data de preto do período en que viviu IrineoIreneo (finais do século II), e os estudosos normalmente consideran esta obra como un dos moitos textos gnósticos que amosa unha das moitas variedades de crenzas gnósticas do época.<ref>Dr. John Dickson. "A Spectators Guide to the Gospel of Judas" (PDF). Dispoñible en A_Spectators_Guide_to_the_Gospel_of_Judas.pdf. Sydneyanglicans.net. Consultado o 24 de novembro de 2014</ref>
 
=== [[Marioloxía]]===
IrineoIreneo de Lión quizais sexa o máis antigo dos [[Padres da Igrexa]] en desenvolver unha [[marioloxia]] completa. É seguro que, mentres aínda era moi novo, IrineoIreneo vira e oíra o bispo [[Policarpo de Esmirna|Policarpo]] (morto arredor de 155) en [[Esmirna]].<ref>CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: St. Irenaeus". Dispoñible en liña en http://www.newadvent.org/cathen/08130b.htm. Consultado o 24 de novembro de 2014.</ref> IrineoIreneo define un papel directo de [[Virxe María|María]] na economía da salvación, presentando a María como a nova [[Eva]], cuxa obediencia na [[Anunciación]] contrasta coa desobediencia de Eva.<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.22.4</ref> IrineoIreneo afirma, "aínda que Eva tivo Adán como marido, ela aínda era virxe ... Por desobedecer, Eva tornouse a causa da morte para ela mesma e para toda a raza humana. Do mesmo xeito, María, aínda que tiña marido, era virxe, e obedecendo, ela converteuse na causa de salvación para si mesma e para toda a raza humana.<ref>IrineoIreneo de Lión, ''Adversus haereses'' 3.22.4</ref>
 
Esta presentación de María como a nova Eva é unha ampliación que Irineu fai da tipoloxía Adán-Cristo. Así como Cristo desfai a desobediencia de Adán, María desfai a desobediencia de Eva.<ref>IrineoIreneo, Contra as herexías, III.22.4.</ref> A súa énfase sobre o papel de María axuda IrineoIreneo a contrarrestar as [[cristoloxía]]s de tipo [[Docetismo|docetistas]] e [[Adopcionismo|adopcionistas]].<ref>M.C. Steenberg, "The Role of Mary as Co-Recapitulator in St. Irenaeus of Lyons," ''Vigilae Christianae 58'' (2004): 124-25.</ref> A súa énfase sobre o papel de María na economía da [[salvación]] ademais demostra como Deus transforma o mundo material a través da [[Encarnación]], que foi unha parte importante de conflito de IrineoIreneo cos gnósticos.<ref>Steenberg, "The Role of Mary as Co-Recapitulator," 119-20</ref>
 
Como IrineoIreneo, Tertuliano describe como o nacemento virxinal de Cristo é paralelo á creación de Adán da terra virxe. [[Tertuliano]] tamén di que para Deus era necesario nacer dunha Virxe, para que o que se perdeu a través dunha muller fose salvo por unha muller.<ref>Tertullian, ''De Carne Christi'', 17</ref> Isto indica que no século II e III o concepto de María como a nova Eva era coñecido tanto en [[Igrexas ortodoxas orientais|Oriente]] como na [[Igrexa Católica|Igrexa occidental]].<ref>Luigi Gambero, Mary and the Fathers of the Church: The Blessed Virgin Mary in Patristic. Trad. inglesa Thought. Thomas Buffer (San Francisco: Ignatius Press, 1999), p. 66.</ref>
 
===[[Exexese]] [[Profecía|profética]]===
Os primeiros catro libros de ''Contra as herexías'' constitúen unha análise e refutación minuciosa das doutrinas [[Gnosticismo|gnósticas]]. O quinto é unha declaración de crenza positiva que contrastando as opinións gnósticas, que presenta como cambiantes e contraditorias, coa fe supostamente inquebrantable da [[Igrexa]]. IrineoIreneo recorre ás profecías para demostrar a veracidade do cristianismo.<ref name="Froom, LeRoy 1950">Froom, LeRoy (1950). ''The Prophetic Faith of our Fathers''</ref>
 
===[[Imperio Romano|Roma]] e os dez cornos===
IrineoIreneo amosa a estreita relación entre os acontecementos previstos en ''Daniel'' ''2'' e ''7''. [[Imperio Romano|Roma]], o cuarto reino profético, acabaría partida en dez. As dez divisións do imperio son os "dez cornos" de ''Daniel 7'' e os "dez cornos" de Apocalipse 17. Un "corno pequeno", que suplanta tres das dez divisións de Roma, tamén é a aínda futura "oitava" da Apocalipse. IrineoIreneo culmina coa destrución de todos os reinos do Segundo Advento, cando Cristo, a "pedra" profetizada cortada da montaña sen usar as mans, fere a imaxe tras a división de Roma.<ref name="Froom, LeRoy 1950"/><ref>"Contra as herexías. Libro 5, Cap. 25". Dispoñible en liña en http://www.newadvent.org/fathers/0103525.htm. Consultado o 24 de novembro de 2014</ref><ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 26</ref>
 
===[[Anticristo]]===
IrineoIreneo identificou o [[Anticristo]], outro nome do apóstata Home do Pecado, con o pequeno corno de [[Libro de Daniel|Daniel]] e da Besta de [[Xoán de Patmos|Xoán]] (''Apocalipse 13''). El procurou aplicar outras expresións para o Anticristo, como "a abominación da desolación", mencionada por Cristo (Mat. 24:15) e o "rei da máis feroz faciana ", na explicación de [[Arcanxo Gabriel|Gabriel]] sobre o corno pequeno de ''Daniel 8''. Pero non está moi claro como "o sacrificio e a libación será retirado" durante a "media semana ", ou os tres anos e medio do reinado do Anticristo.<ref>"Contra as herexías. Libro 5, cap. 28"</ref><ref>"Contra as herexías. Libro 5, cap. 25, sec. 2–4".</ref>[94]
Baixo a noción de que o Anticristo, como un único individuo, quizais fora de orixe xudía, IrineoIreneo imaxina que a mención de "[[Dan (tribo)|Dan]]", en ''Xeremías 08:16'', e a omisión dese nome das tribos enumeradas en ''Apocalipse 7'', pode indicar a tribo do Anticristo. Esta suposición converteuse na base dunha serie de interpretacións que posteriormente fixeron outros.<ref>"Contra as herexías. Libro 5, cap. 25, sec. 3".</ref><ref>Froom, LeRoy (1950). ''The Prophetic Faith of our Fathers''. Review and Herald Publishing Association.</ref>
 
===Tempo, tempos e metade dun tempo===
Tal como os outros [[Padres da Igrexa]] primitiva, IrineoIreneo interpretou os tres "tempos" e medio do Corno Pequeno de ''Daniel 7'' como tres ano e medio literais. Tres anos e medio do [[Anticristo]] sentado no templo son colocados inmediatamente antes da segunda vinda de Cristo.<ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 25, sec. 3–4.</ref><ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 30, sec. 4.</ref><ref>Froom 1950, pp. 247-248.</ref>
Son identificados como a segunda metade de "a semana" de ''Daniel 9''. IrineoIreneo non di nada das setenta semanas; non sabemos se IrineoIreneo colocou a "semana" a finais dos setenta ou se tiña un baldeiro.<ref>Froom 1950, p. 248.</ref>
 
===666===
IrineoIreneo é o primeiro dos [[Padres da Igrexa]] en considerar o místico número 666. Aínda que IrineoIreneo propuxo algunhas solucións para este enigma numérico, a súa interpretación foi moi reservada. Así, afirma con cautela: {{cita|Pero saber o número correcto declarado pola Escritura, que é seiscentos sesenta e seis, déixaos esperando, en primeiro lugar, a división do reino en dez; logo, en segundo lugar, cando estes reis estean reinando e comezando a pór os seus asuntos en orde e a avanzar no seu reino, [que aprendan] a recoñecer que o que hai de vir a reclamar o reino para si mesmo, e a aterrorizar os homes de quen estamos falando, ten un nome que contén o número enriba referido, é verdadeiramente a abominación da desolación<ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 30, sec. 2".</ref>.}}
Aínda que IrineoIreneo especulou tres nomes para simbolizar ese número místico, é dicir, Euanthas, Teitan, e Lateinos, o contentaba crer que o Anticristo xurdiría nalgún momento futuro, tras a caída de [[Imperio Romano|Roma]] e que, a continuación, o significado do número sería ser revelado.<ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 30, sec. 3.</ref><ref name="Froom 1950, p. 249">Froom 1950, p. 249.</ref>
 
===Milenio===
IrineoIreneo afirma que o futuro reinado de tres-anos-e-medio do [[Anticristo]], cando se sente no templo de [[Xerusalén]], será rematado pola segunda chegada, a resurrección dos xustos, a destrución dos impíos e o milenio de reinado dos xustos. A [[resurrección]] xeral e o xuízo segue ao descenso da Nova Xerusalén ao final do reino de mil anos.<ref name="Froom 1950, p. 249"/><ref name="Libro 5 p. 30">''Contra as herexías''. Libro 5, cap. 30, sec. 4.</ref><ref>''Contra as herexías''. Libro 5, cap. 35, sec. 1–2.</ref>
 
IrineoIreneo chama "[[Herexía|herexes]]" aos que afirman que os salvos son inmediatamente glorificados no Reino que ven despois da morte, antes da súa resurrección. Afirma que o reino de mil anos e a resurrección son realidades, non [[alegoría]]s, nas que a primeira resurrección introduce a este reino prometido onde os santos resucitados son descritos gobernantes da terra renovada durante o milenio, entre as dúas resurreccións.<ref>''Contra as herexías''. Libro 5, cap. 31.</ref><ref>''Contra as herexías''. Libro 5, cap. 35".</ref><ref name="Froom 1950, p. 250">Froom 1950, p. 250.</ref>
 
IrineoIreneo mantivo a antiga tradición xudía segundo a cal os primeiros seis días da semana da creación eran típicos dos primeiros seis mil anos de historia da humanidade, coa manifestación do Anticristo no sexto período. E esperaba que o reino dos mil anos comezase coa [[Parusía|segunda vinda de Cristo]] para destruír aos malvados e inaugurar, para o xusto, o reinado de Deus durante o sétimo milenio, o [[Sababath]] do milenio, como Sabbath da creación.<ref name="Libro 5 p. 30"/><ref name="Froom 1950, p. 250"/><ref>''Contra as herxías''. Libro 5, cap. 28, sec. 3".</ref><ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 33, sec. 2".</ref>
 
Como moitos dos [[Padis da Igrexa|Padres]], IrineoIreneo non distinguiu entre a Nova Terra recreada no seu estado eterno —os mil anos de ''Apocalipse 20''—, cando os santos están con Cristo despois da Súa segunda vinda, e as tradicións xudías do reino [[Mesías|mesiánico]]. Por iso, IrineoIreneo aplica ideas bíblicas e tradicionais ás súas descricións da terra durante o milenio, ao longo dos capítulos finais do Libro 5. Esa concepción do reinado dos santos resucitados e levados con Cristo á terra durante o milenio —popularmente coñecido como [[Milenarismo|quiliasmo]]— foi a crenza cada vez máis predominante nesa época. Incipientes distorsións, debidas á mestura de tradicións actuais que figuran nas formas extremas de quialismo, causaron unha reacción contra as anteriores interpretacións de profecías bíblicas.<ref>Froom 1950, pp. 250-252.</ref>
 
IrineoIreneo non quería un reino xudeu. Interpretou Israel como a Igrexa cristiá, a semente espiritual de Abraham.<ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 32, sec. 2.</ref><ref name="Froom 1950, p. 251">Froom 1950, p. 251.</ref>
 
Ás veces a súas expresións son moi fantasiosa. Conta, por exemplo, sobre a fecundidade prodixiosa desta terra durante o milenio, despois da resurrección dos xustos, "cando tamén a creación, xa renovada e liberada, frutificará cunha abundancia de todo tipo de alimentos." Neste senso, atribúese a Cristo o dito sobre a vide con dez mil ramas, e a espiga de trigo con dez mil grans, etc., que cita de [[Papías de Hierápolis]].<ref name="Froom 1950, p. 251"/><ref>Contra as herexías. Libro 5, cap. 33, sec. 3.</ref>
 
===Exexese===
A exexese de IrineoIreneo non cobre todo. Respecto aos selos, por exemplo, simplemente alude a Cristo como o xinete sobre el cabalo branco. IrineoIreneo insiste en cinco factores con maior claridade e énfase que [[Xustino Mártir|Xustino]]:
 
# a resurrección literal dos xustos na [[Parusía|segunda vinda]]