Asociación Socio-Pedagóxica Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
 
=== De normalización e dignificación do idioma ===
A AS-PG participa e promove, de forma exclusiva ou en colaboración con outras entidades, en proxectos de normalización e dignificación do idioma galego. Entre estas iniciativas cabe salientar [[Ciberlingua]]<ref>[http://archive.is/2Wzsn Ciberlingua, arquivo da páxina, 2004]</ref> e [[Correlingua]] (nos que participan outras entidades) e o proxecto [[Tíralle da lingua]]. Este último está dirixido a escolares e profesorado de todo Galicia, e consta dunhas xornadas de expresión oral celebradas en [[Santiago de Compostela|Compostela]] a inicios do curso e un concurso de relato oral dirixido a escolares no que veñen participando uns 2.000 alumnos na fase final, que ten lugar no Teatro Principal de Santiago. En [[2011]] celebrouse a XI edición.
 
Así mesmo a AS-PG forma parte da [[plataforma Queremos Galego!]]. A AS-PG foi unha das principais valedoras da normativa de mínimos do galego, publicando en 1980 as ''Orientacións para a escrita do noso idioma''.