Androcentrismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Idioma
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:SolipsesMedRen.jpg|miniatura|dereita|250px|Despois de que na Europa medieval se considerase a [[Deus]] como o centro do mundo, dende o [[Renacemento]] o centro foi o [[home]], e esta idea non incluía as mulleres.]]
O '''androcentrismo''' é o punto de vista, segundo o cal o [[home|home varón]] é o centro e a medida do mundo.<ref>[http://www.cdp.udl.cat/tallers/index.php/ca/glossari/item/4-androcentrisme Androcentrisme] Tallers per la igualtat, Centre Dolors Piera d'Igualtat d'Oportunitats i Promoció de les Dones, [[Universidade de Lleida]] {{ca}}</ref> Está relacionado co universalismo masculino. Enmarca as capacidades do ser [[Macho|masculino]] como motor individual e universal do devir da [[ser humano|humanidade]]. Por iso, coida o momento ou configuración da [[mente]] [[masculinidade|masculina]] clásica como referente universal en oposición ó inmóbil, ó inmutable e ó estático. O androcentrismo silencia e invisibiliza o pensamento, a experiencia e as representacións feitas polas [[muller]]es. A muller existe soamente en relación con algún home ou como un [[obxectificación da muller|obxecto para eles]]. Un exemplo de visión androcéntrica do mundo é a [[síndrome de Pitufina]].
 
O termo comezou a ser empregado no debate científico por [[Charlotte Perkins Gilman]] que fixo unha descrición das prácticas androcéntricas, así como dos problemas que xurdían delas, en ''The Man-Made World or, Our Androcentric Culture'', publicado en [[1911]]. Así, o androcentrismo enténdese como unha práctica social onde os axentes compoñentes asumen [[rol de xénero|roles]] funcionais universalizados. Segundo Perkins Gilman, tanto os modelos vitais masculinos como as actitudes masculinas afírmanse como universais, mentres que as das mulleres son consideradas complementarias. A propia visión androcéntrica do mundo mestura "androcentrismo" con "[[antropocentrismo]]", e "home" con "humano".