Illas Canarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Transportes: Funchal, Madeira
Liña 250:
Entre as illas pódese viaxar en avión, con liñas regulares operadas polas compañías [[Binter Canarias]] e [[Islas Airways]], ademais das liñas marítimas de ''[[Transbordador|ferry]]'' e ''fast ferry'' ou [[catamarán]], das compañías [[Fred. Olsen Express|Fred Olsen]] e [[Naviera Armas]].
 
Desde a [[Península Ibérica]] e o resto de [[Europa]] utilízase maioritariamente o avión regular e [[Voo chárter|chárter]]. Hai tamén unha liña marítima de frecuencia semanal con [[Cádiz]] e outra con [[Funchal, Madeira]], ademais dunha próxima con [[Huelva]].<ref>{{Cita web |url=http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=644929|título=Primeira liña regular Huelva-Canarias estará operativa en marzo}}</ref> Canarias é a comunidade autónoma con máis aeroportos abertos ao tráfico comercial civil (oito), entre os que destacan o [[Aeroporto de Gran Canaria]] (o de maior tráfico tanto de aeronaves como en número de pasaxeiros e en volume de mercancías), o [[Aeroporto de Tenerife Sur]], o [[Aeroporto de Lanzarote]] e o [[Aeroporto de Tenerife Norte]]. En total Canarias rexistra un movemento de 16&nbsp;874&nbsp;532 pasaxeiros de entrada a través dos seus oito aeroportos. As dúas illas da capital (Tenerife e Gran Canaria) son as que rexistran maior afluencia de pasaxeiros; Tenerife con 6&nbsp;204&nbsp;499 pasaxeiros e Gran Canaria con 5&nbsp;011&nbsp;176 pasaxeiros.<ref>[http://www2.gobiernodecanarias.org/istac/estadisticas/sector_servicios/turismo/turistas/5_4_2_2_1.html Entrada nos aeroportos canarios segundo illas]</ref>
 
As importacións e exportacións realízanse principalmente por vía marítima. As illas contan cun réxime especial fiscal dentro da Unión Europea ([[Rexión ultraperiférica da Unión Europea|rexións ultraperiféricas]]).