Narón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
narón cidade
→‎Historia: prehistoria
Liña 71:
[[Ficheiro:Petroglifo de Serantes Ferrol A Coruña.svg|miniatura|left|Debuxo do [[petróglifo]] de Chamorro (Serantes, Ferrol).]]
[[Ficheiro:Monte de nenos vista ría de xuvia.jpg|300px|miniatura|Vista da ría de Xuvia dende o Monte de Nenos, [[Sedes, Narón|Sedes]].]]
Na [[Ría de Ferrol]] non se atoparon asentamentos do neolítico antigo (6000-4000 anos antes da era actual) nin anteriores a esas datas. Si se teñen atopado petróglifos nas inmediacións da veciña Ermida de Chamorro ([[Serantes, Ferrol|Serantes]], Ferrol)<ref>[http://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=633427 O Petroglifo de Chamorro (San Salvador de Serantes, Ferrol)] (en [[Dialnet]]) Juan A. Carneiro Rey, Ramón Fábregas Valcarce. Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 22, 2003 , páxs. 73-86</ref> e a Pena das Coviñas en Brión. En Río do Pozo teríase atopado a pegada máis antiga atopada en Trasancos. Unha ferramenta de pedra traballada para cortar carne, un ''chopping tool'' de datación exacta descoñecida. No Val, nos límites con Ferrol foi identificado un [[Monte da Lagoa, Narón|Valado Prehistórico]], ''causewayed enclosure'' ou [[henge]].
 
En 1867 [[Leandro de Saralegui Medina]] falaba da existencia dos restos de dous dolmens preto de Ferrol. Un deles destruído no século XVIII para aproveitar as pedras na construción e o outro preto de Chamorro (Serantes) do que só quedaban dous chantos de 2,90 m e 3,56 m, tamén destruído.
 
[[File:Chopping Tool Río do Pozo O Val Narón.jpg|thumb|Chopping Tool do Val no Museo das Mariñas, Betanzos.]]
Os asentamentos máis antigos na terra de Trasancos da que formaban parte o actual Narón, Ferrol, San Sadurniño, Valdoviño e Neda son 65 mámoas (4000 a 2000 anos antes da era actual):
* No [[monte de Nenos]] 16
Liña 85 ⟶ 86:
As mámoas foron inicialmente concibidas como lugares destinados a enterramentos, e concentrábanse tanto en vales coma en outeiros, tanto no interior como na costa. O aspecto de montiños que teñen desde lonxe é o que lles dá nomes como Monte de Nenos ou Montiños de Moura.
 
Aínda que a actividade agrícola provocou a súa destrución nas áreas dedicadas ao cultivo, quedan en Narón dous campos de mámoas. Un primeiro conxunto con catorce túmulos, situado no cumio do monte de Nenos, e outro nos límites co concello de San Sadurniño. Os dous datan da Idade de Bronce. No Monte de Nenos está unha canteira prehistórica das pedras para os dolmens.
 
Tódalas mámoas foron violadas e ningunha foi escavada. Nos enxovais das cámaras acháronse armas, machados ou puntas de frecha. Narón non ten museo de arte prehistórica e os achados feitos desta época son de particulares.
Liña 118 ⟶ 119:
</center>
 
En Ferrol foron identificados uns 15 castros, en Neda 5, en Valdoviño 20, en San Sadurniño 5, en Ares 5 e en Fene 9.
Na época da Romanización, a vida cotiá dos castros non sofre variación. Tampouco o medio nin as institucións políticas sufriron grandes cambios, xa que a romanización apenas tivo incidencia nas nosas terras. O que si é certo é que do seu paso polo noso territorio quedaron algúns sinais importantes. En Lóngaras, [[A Gándara, Narón, Narón|A Gándara]], atopouse un cuncheiro que foi escavado polo arqueólogo municipal [[André Pena Graña]]. Entre as cunchas de ostras apareceron anacos de cerámica romana datada no século I antes da era actual e século I despois da era actual.
 
Na época da Romanización, a vida cotiá dos castros non sofre variación. Tampouco o medio nin as institucións políticas sufriron grandes cambios, xa que a romanización apenas tivo incidencia nas nosas terras. O que si é certo é que do seu paso polo noso territorio quedaron algúns sinais importantes. En Lóngaras, [[A Gándara, Narón, Narón|A Gándara]], atopouse un cuncheiro que foi escavado polo arqueólogo municipal [[André Pena Graña]]. Entre as cunchas de ostras apareceron anacos de cerámica romana datada no século I antes da era actual e século I despois da era actual. En Covas (Ferrol) consérvase a [[Mina romana de ouro de Covarradeiras|explotación aurífera de Covarradeiras]].
 
No ano 844, entre xuño e agosto, as naves normandas chegaron ao Mar da Xoiva (Ría de Xuvia). Saquearon e queimaron o mosteiro prerrománico de San Martiño. Os duques e condes de Ramiro dirixiron unha expedición á Terra de Faro (proximidades da cidade da Coruña) onde derrotaron aos piratas logrando que marchen a Lisboa e Sevilla onde continuaron os saqueos. Duascentas naves saquearon as vidas dos veciños. Aínda que Galicia sufriría varios ataques máis, sería esta a única invasión normanda documentada nas crónicas de Trasancos.