Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
 
== Proclamación ==
[[Ficheiro:Republique-allegorie.jpg|miniatura|250px|Alegoría da Segunda República Española.]]
Trala dimisión do ditador [[Miguel Primo de Rivera]], o rei [[Afonso XIII]] intentou devolver ó debilitado réxime monárquico a lexitimidade popular. Para iso, o goberno presidido polo almirante [[Juan Bautista Aznar]] convocou unha rolda de eleccións escalonada, comezando polas municipais para seguir coas xerais. Tendo en conta as circunstancias, as eleccións municipais adquiriron un carácter de plebiscito en prol ou en contra da [[monarquía]].
 
Liña 66:
{{Cita|...e antes das seis da mañá habíase congregado o pobo na praza que se ía a chamar da República, e os concelleiros electos do domingo, pola súa banda, habéndose presentado na Casa Consistorial coa intención de facer valer a súa investidura desde aquel instante, constituíronse en sesión solemne, acordando por unanimidad proclamar a República. Acto seguido foi izada a bandeira tricolor no balcón central do concello, e Juan dos Toyos deu conta desde el ao pobo congregado, que a partir daquela hora os españois estabamos vivindo en República.| [[Toribio Echeverría]] (''Viaje por el país de los recuerdos'')}}
 
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 102-11543, Madrid, Ausrufung der Zweiten Spanischen Republik.jpg|miniatura|200px|dereita|Xentío en Barcelona trala proclamación da República.]]
Na mesma data da proclamación asume o poder o goberno deseñado no ''[[Pacto de San Sebastián]]''. Así pois, este comité revolucionario, presidido polo político ex-monárquico [[Niceto Alcalá Zamora]], convértese no goberno provisorio da República e o seu presidente no xefe do Estado. O mesmo 14 de abril, Niceto Alcalá-Zamora realiza un discurso como Presidente provisional da República, emitido por Unión Radio. Nel proclama a Segunda República Española: