Pigmento biolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 84:
Hai varios tipos de melaninas tendo en conta que son un agregado de compoñentes moleculares máis pequenos, como as melaninas que conteñen nitróxeno. Hai dúas clases de melaninas: (1) eumelaninas insolubles negras e castañas, que se derivan da oxidación aeróbica da [[tirosina]] en presenza de [[tirosinase]], e (2) feomelaninas solubles en álcali, que van do amarelo ao castaño, orixinadas pola desviación da vía de síntese da eumelanina pola intervención de [[cisteína]] e [[glutatión]]. As eumelaninas atópanse xeralmente na pel e ollos. Algunhas melaninas son a melanoproteína (melanina marrón escura que se almacena en altas concentracións no saco da tinta do choco ''[[Sepia officinalis]]''), equinoideos (que se atopa en ourizos de mar Clyperasteroidea como ''[[Mellita]]'', e nos corazóns dos [[ourizo de mar|ourizos de mar]]), holoturoideos (no [[cogombro de mar]]), e ofiuroideos (nas [[ofiúra]]s). Estas melaninas son problemente polímeros que se orixinan do acoplamento repetido de intermediarios monoméricos bipolifuncionais simples, ou de elevado peso molecular. Os compostos con sistemas de aneis benzotiazol e tetrahidroisoquinolina actúan como compostos que absorben luz ultravioleta.
 
=== Bioluminescencia e fluorescencia ===
{{Artigo principal|Bioluminescencia}}
Aínda que a [[bioluminescencia]] produce luces de cores, realmente a súa forma de dar cor é totalmente distinta da dos pigmentos. Na bioluminescencia a luz orixínase por unha reacción química mesmo en total escuridade, mentres que os pigmentos producen cor cando lles dá luz e absorben algunhas lonxitudes de onda da luz e reflicten outras. Non obstante, aínda que a bioluminescencia non é unha forma típica de pigmentación (propiamente falando), falaremos algo dela e pódese ampliar a información no seu artigo principal. O 90% dos animais mariños producen algún tipo de bioluminescencia. O órgano que emite a bioluminescencia denomínase [[fotóforo]], e está presente en animais como luras, certos peixes, medusas, e en animais terrestres como certos insectos (ver [[vagalume]] e [[luciferina]]). Tamén a producen microorganismos, moitas veces simbiontes nos animais. As luras teñen tanto fotóforos (con bioluminescencia) coma cromatóforos (con pigmentos).<ref>Webexhibits. "Bioluminescence | Causes of Color." WebExhibits. Web. 2 June 2010. <http://www.webexhibits.org/causesofcolor/4ADA.html>.</ref>
 
Os [[coral (animal)|corais]] construtores de arrecifes e [[Actiniarios|anemone]]s, producen [[fluorescencia]]s; a luz é absorbida a unha lonxitude de onda non visible, e reemitida a outra visible. Estes pigmentos poden actuar como filtros solares naturais, axudar á fotosíntese (de algas simbióticas), servir como [[coloración animal|coloración]] de advertencia, atraer parellas, asustar rivais ou confundir aos predadores.