Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Ficha de nobre
|nome = Afonso X o Sabio
|título = [[Coroa de Castela|Rei da Coroa de Castela]]<br /> [[Rei de Romanosromanos]] (disputado)
|imaxe = TumboAKing.jpg
|tamaño de imaxe = 270px
Liña 11:
|predecesor0 = [[Fernando III de Castela|Fernando III]]
|sucesor0 = [[Sancho IV de Castela|Sancho IV]]
|título1 = [[Rei de Romanosromanos|Rei electo de Romanosromanos]]
|reinado1 = [[1257]] - [[1275]]
|predecesor1 = [[Guillerme de Holanda]]
Liña 47:
=== Infancia e educación ===
Aínda [[infante]], participou na toma de varias prazas andaluzas, entre elas [[Cádiz]]; porén, tivo que renunciar á posesión do [[Reino do Algarve]] (polo [[tratado de Badaxoz]] de [[1267]]), e ás súas aspiracións sobre o [[Reino de Navarra]].
Tamén fracasou na disputa pola coroa do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], aínda que conseguiu que o elixiran [[rei de Romanosromanos]], o paso previo para acadar a coroa imperial.
 
Afonso era o fillo primoxénito de [[Fernando III de Castela|Fernando III de Castela e León, o Santo]] e de Elisabeth [[Hohenstaufen|von Hohenstaufen]], máis coñecida como [[Beatriz de Suabia]], que era filla de [[Filipe de Suabia]], rei de [[Alemaña]], e neta do emperador [[Federico I Barbarroxa]]). Para encargarse da súa crianza foi designada como ama Urraca Pérez e como aio [[García Fernández de Villamayor]], que fora mordomo da raíña [[Berenguela de Castela|Berenguela]] e cuxa segunda esposa era Maior Arias de Limia. Con ambos esposos criouse en [[Villaldemiro]] e en [[Celada del Camino]].<ref>Afonso X afirmaba que estes ''me criaron e me fezieron muchos servicios e sennaladamiente... me criaron en Villaldemiro e en Celada''.</ref> {{Harvnp|Valdeón Baruque|2003|p=15}} Parte da súa infancia pasouna nas propiedades que tiñan os seus coidadores na comarca de [[Allariz]], concretamente no [[castelo de Maceda]] onde, segundo a tradición, aprendeu o [[lingua galega|galego]].<ref name=":0" /><ref>[http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=7251&langId=gl_ES Castelo de Maceda], en Galicia. O bo camiño. Xunta de Galicia.</ref><ref>Alfoso X: ''Cantigas de Santa María, códice rico de El Escorial. Ms., escurialense T. I. 1'', ed. de José Filgueira Valverde. Madrid: Castalia, 1985, p. XI. ISBN 978-84-7039-446-1.</ref> que utilizou nas ''[[Cantigas de Santa María]]'' compostas no seu ''scriptorium'' (escritorio) e, polo menos dez delas, seguramente debidas ao mesmo rei.<ref>Alfoso X: [http://books.google.es/books?id=38pQxcNEM6wC&lpg=PP1&client=firefox-a&pg=PA17#v=onepage&q=&f=false ''Cantigas de Santa María''. Vol. 1 (1-100)], ed. de Walter Mettmann. Madrid: Castalia (Clásicos Castalia), 1986, pp. 17-20. ISBN 978-84-7039-441-6.</ref> Xa na Corte de Toledo recibiu unha esmerada educación en múltiples campos, á vez que empezou a relacionarse cos herdeiros das principais familias nobres dos reinos de Castela e de León.
Liña 135:
{{VT|Güelfos e xibelinos#O Interregno}}
 
Á morte do [[rei de Romanosromanos]] [[Guillerme de Holanda]] en xaneiro de [[1256]] produciuse un problema sucesorio pola elección do seguinte rei de Romanosromanos. En marzo, a cidade de [[Pisa]] enviou unha [[embaixada]] ao [[Reino de Castela|rei de Castela]] Afonso X o Sabio, que os recibiu en [[Soria]], ofrecéndolle a súa submisión e o seu apoio como cabeza da [[Hohenstaufen|casa de Suabia]] (ou [[Hohenstaufen]]) e como xefe do partido [[xibelinos|xibelino]], oposto ao papa; deste xeito Pisa compensaba os beneficios da súa rival [[Xénova]]. O rei castelán deu a súa aprobación para ser elixido rei de romanos, paso previo á coroación polo papa como emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. Pero o [[reino de Inglaterra|rei de Inglaterra]] [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]] propuxo ao seu irmán [[Ricardo de Cornualles]] como candidato. Por outra parte estaba o complexo sistema de elección do emperador, que correspondía a sete [[electorado|príncipes electores]] alemáns.
 
[[Ficheiro:Alfons X.jpg|miniatura|Afonso X o Sabio, [[rei de romanos|rei electo de romanos]]. Miniatura do ''Libro de retratos de los Reyes'', 1594.]]
Liña 141:
[[Ficheiro:Battle of Benevento 2.jpg|miniatura|Batalla de Benevento.]]
 
Tras gastar ambos os candidatos grandes cantidades de diñeiro para subornar aos electores, o [[1 de abril]] os partidarios de Afonso, o arcebispo de [[Tréveris]], o [[Electorado de Saxonia|duque de Saxonia]], xunto cos poderes outorgados polo [[margrave]] de [[Brandeburgo]] e polo [[Reino de Bohemia|rei de Bohemia]] [[Otakar I de Bohemia|Otakar I]], elixiron rei de Romanosromanos a Afonso en [[Frankfurt]]. Pero Otakar I, interesado en manter o reino vacante deu o seu voto a ambos os candidatos. O rei castelán distribuíu grandes cantidades de diñeiro aos seus partidarios para manter viva a súa causa en [[Alemaña]]; pero en [[Italia]], o papa [[Alexandre IV, papa|Alexandre IV]] (o valenciano Roderic de Borja) deuse de conta de que a presenza dos casteláns favorecía a causa dos xibelinos, pois seu inimigo [[Ezzelino da Romano]] era partidario de Afonso.<ref>{{cita libro | apelidos= Valdeón Baruque | nome= Julio | título= Alfonso X el Sabio: La forja de la España moderna | url= http://books.google.es/books?id=xxb-sdibJGMC&lpg=PT68&dq=&hl=es&pg=PT68#v=onepage&q=&f=true | editorial= Grupo Planeta | ano= 2011 | páxina= 68 | isbn= 9788499980461}}</ref> A pesar de todo, Afonso X enviou unha embaixada ao papa para lograr a súa lexitimación, aquietando as suspicacias do papa acerca do seu xibelinismo, nada extremista.
 
Tres electores votaron por [[Ricardo de Cornualles|Ricardo]] (ademais do voto duplo de Otokar). O inglés viaxou a [[Aquisgrán]], onde foi coroado como [[rei de Romanosromanos]] xunto á tumba do primeiro emperador medieval de Europa Occidental, [[Carlomagno]]. O castelán, en cambio, permaneceu nos seus reinos, co que perdeu a súa oportunidade de facer valer a súa elección como rei de Romanosromanos. Nunca pisaría terra alemá.
 
Á morte de Ezzelino da Romano (1259), os xibelinos tenderon agora a unirse en torno a [[Manfredo de Sicilia]], recentemente coroado como [[Reino de Sicilia|rei de Sicilia]], sen que o papa estivera disposto a recoñecelo, posto que o excomungara. Nese momento, os xibelinos podían aspirar á hexemonía sobre toda Italia, e calquera alivio á terrible presión que estes exercían sobre o papa era ben recibido: de aí que Alexandre IV acollese ben aos embaixadores casteláns prometéndolles que na querela imperial se atería á máis estrita xustiza. Tras unha sede vacante de tres meses, o [[Patriarcado latino de Xerusalén|patriarca de Xerusalén]], Xacobe Pantaleón, de orixe francesa, foi elixido en setembro de 1261 como novo papa, como [[Urbano IV]] (1261–1264), que nunca pisaría Roma e, aínda que mantivo unha teórica actitude de neutralidade entre os dous candidatos, o castelán e o inglés, non estaba disposto a que ningún dos dous puidera sumar as súas forzas ás dos seus inimigos os xibelinos. Ante isto, ideou unha arbitraxe que lle permitira demorar a súa sentenza o tempo que fora necesario.<ref>{{cita libro | apelidos= Suárez Fernández | nome= Luis | título= Historia de España Antigua y Media | url= http://books.google.es/books?id=oM93XvTFdPIC&pg=PA156&dq=&as_brr=3#v=onepage&q=&f=false | editorial= [[Rialp]] | ano= 1976 | páxina= 156 | volume= 2 | isbn= 9788432118821}}</ref>
Liña 301:
| predecesor = [[Fernando III de Castela|Fernando III]]
| sucesor = [[Sancho IV de Castela|Sancho IV]]
| título2 = [[Rei de Romanosromanos|Rei electo de Romanosromanos]]
| predecesor2 = [[Guillerme de Holanda]]
| sucesor2 = [[Rodolfo I de Habsburgo|Rodolfo I]]
Liña 340:
* [[Lista de reis de Castela]]
* [[Casa de Borgoña]]
* [[Rei de Romanos]]
 
=== Ligazóns externas ===