Casa de Habsburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 76:
Segundo o costume xermánico, os territorios dos Habsburgo foron repartidos entre os diversos membros da familia. En [[1379]] separouse unha rama Albertina e outra Leopoldina, a cal terminaría recollendo en [[1490]] a herdanza completa. Estas divisións provocaron conflitos, enfraquecendo o poder dos príncipes e reforzando o das Dietas locais que, cada vez máis dominadas pola nobreza, comezaron a elaborar a súa administración propia.
 
A extinción da casa de Luxemburgo permitiu aos Habsburgo recuperar a coroa imperial. As eleccións de [[Alberte II de Habsburgo|Alberte II]] como [[reiRei dosde Romanosromanos]] en [[1438]] e de [[Federico III de Habsburgo|Federico III]] como reiRei dosde Romanosromanos en [[1440]] (coroado como emperador en [[1452]]), marcarían o inicio dunha presenza duradeira no poder do [[Sacro Imperio]].
 
Despois do matrimonio de [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]], fillo de Federico III, con [[María de Borgoña|María]], herdeira do [[Ducado de Borgoña]] (que controlaba os [[Países Baixos borgoñóns]]) e o matrimonio de seu fillo [[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]] con [[Xoana I de Castela|Xoana]], herdeira de [[Castela]] (filla dos [[Reis Católicos]]), propiciou que [[Carlos I de España]] herdara o [[Reino de Castela|Reinos de Castela]], [[Reino de Aragón|Aragón]], os do sur de [[Italia]] ([[Reino de Nápoles|Reinos de Nápoles e Sicilia]]), [[Austria]], o [[Rexión de Tirol|Tirol]] e os [[Países Baixos borgoñóns|Países Baixos]] (Carlos foi elixido emperador en [[1520]] como Carlos V).<ref>[http://www.jenspeterkutz.de/studienarbeiten.html "Karl V. (1500-1558) - Kaiserwahl und Kaiseridee"].</ref>