Roque de Montpellier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Poño modelo Biografía
Lles (conversa | contribucións)
m cara a
Liña 5:
'''Roque de Montpellier''', nado segundo a tradición en [[Montpellier]] cara a [[1348]] (antigamente críase que cara a [[1295]]) e finado en [[Voghera]] ([[Italia]]) o 15 ou [[16 de agosto]] de [[1376]] ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a [[Roma]].
 
Percorreu a [[península Itálica]] curando infectados pola [[peste]], e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do [[século XV]]. Desde [[Venecia]] propagouse o culto cara oao mundo xermánico e os [[Países Baixos]]. En [[1477]], por mor doutra [[epidemia]] de peste, fundouse en Venecia unha [[Confraría relixiosa|confraría]] baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en [[París]], preto do museo do [[Louvre]], ordenada edificar por [[Luís XIV]] en [[1563]]. Actualmente a súa devoción esténdese por toda [[Europa]] e [[Latinoamérica]].
 
O santoral da [[Igrexa Católica]] celebra o seu día o [[16 de agosto]]. Santo protector ante a [[peste]] e [[epidemia]]s, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.