Radiación infravermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 160:
 
As nubes altas formadas por partículas de [[xeo]] como os [[cirrus]] ou as nubes de gran desenvolvemento vertical com os [[cumulonimbus]] amósanse nunha cor branca brillante. Pola contra, as nubes baixas máis quentes como os [[stratus]] ou os [[stratocumulus]] amósanse en gris. A superficie da terra quente amósase como gris escuro ou negro. Unha das desvantaxes do infravermello radica no feito de que as nubes baixas e a [[néboa]] teñen unha temperatura semellante á da terra ou superficies mariñas e non se poden diferenciar. Porén, empregando a diferenza de luminosidade da canle IR4 (10,3 a 11,5 µm) e a da canle de infravermellos próximos (1,58 a 1,64 µm) pódense diferenciar as nubes baixas producindo unha “néboa” na imaxe. A gran vantaxe do infravermello é que as imatxes tamén se poden obter durante a noite, o que permite dispoñer dunha secuencia continua da evolución do tempo.
 
=== Climatoloxía ===
No eido da [[climatoloxía]], monitorízase a radiación infravermella para detectar tendencias no intercambio de enerxía entre a [[Terra]] e a [[atmosfera terrestre|atmosfera]]. Estas tendencias achegan información sobre os cambios a longo prazo do clima terrestre. Este é, xunto coa [[radiación solar]], un dos principais parámetros estudados na investigación do [[quecemento global]].
 
Os investigadores utilizan un aparello chamado [[pirxeómetro]] para medir de xeito continuo a irradiancia terrestre. Trátase dun radiómetro que traballa na banda infravermella, aproximadamente entre os 4,5 e os 50 µm.
 
== Notas ==