Radiación infravermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 128:
Nas lonxitudes de onda adxacentes ás da luz visible e mesmo naquelas duns poucos [[micrómetro]]s, µm, os fenómenos asociados son esencialmente os mesmos que os da luz visible, malia que cómpre ter presente que a resposta dos materiais á luz visible non é en absoluto indicativo do comportamento que presentan diante da luz infravermella. Por exemplo, para lonxitudes de máis de 2 micrómetros, o [[vidro]] normal que atopamos ns nosas casas é [[Opacidade|opaco]], o mesmo pasa con moitos [[gas]]es, o que implica que haxa fiestras de absorción (intervalos de lonxitudes de onda) nas que o ar é opaco e, polo tanto, terá unha serie de frecuencias do [[Espectro visible|espectro solar]] que non nos chegan e non poderán ser observadas sobre a Terra. Entre 3 e 5 micrómetros hai unha fiestra que corresponde co pico de emisión de radiación infravermella dos corpos moi quentes, esta banda emprégase por exemplo nos sistemas de seguemento e busca de obxectivos dalgíns tipos de [[mísil]]es.
 
Pola contra, hai moitos materiais que os nosos [[ollo]]s son perfectamente opacos pero que son máis ou menos [[Transparencia (óptica)|transparentes]] nas lonxitudes de onda da radiación infravermella. Por exemplo, o [[silicio]] e o [[xermanio]] presentan unha opacidade tan reducida a estas lonxitudes de onda que son utilizados para a fabricación de [[Lente (óptica)|lente]]s e fibras ópticas (a atenuación que presentan é da orde de 0,2 [[Decibelio|dB]]/[[quilómetrequilómetro|km]] no caso dunha lonxitude de onda de 1550 nm). Ademais, moitos tipos de [[plástico]] sintético presentan unha boa transparencia a estas radiacións.
 
Para lonxitudes de onda máis grandes o comportamento aseméllase máis ó que atopamos no caso das [[Espectro radioeléctrico|ondas de radio]].