Acerbaixán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59:
}}</ref> Acerbaixán considérase oficiosamente como parte de [[Europa]]. Non obstante, a súa localización no [[Cáucaso]] meridional sitúaa nunha suposta fronteira imaxinaria entre [[Europa]] e [[Asia]], tratándose realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre [[Asia]] e [[Europa]].
 
Acerbaixán é actualmente membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as [[Nacións Unidas]], o [[Consello de Europa]], o [[Movemento de Países Non Aliñados]], o [[Banco Asiático de Desenvolvemento]], a [[Comunidade de Estados Independentes]], a [[Organización da Conferencia Islámica]] e a [[Cooperación Económica do Mar Negro|Organización de Cooperación Económica do Mar Negro]]. É un dos integrantes da [[Asociación para a Paz]] da [[Organización do Tratado do Atlántico Norte]], así como da alianza militar [[Organización do Tratado de Seguridade Colectiva]] (OTSC). É tamén membro observador da [[Organización Mundial do Comercio]].
 
== Etimoloxía ==