Descarboxilación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
== En química orgánica ==
 
O termo "descarboxilación" significa literalmente a eliminación dun grupo carboxilo (-COOH) e a súa substitución por un átomo de hidróxeno. O termo relaciónase co estado do reactivo e o produto. A descarboxilación é unha das reaccións orgánicas coñecidas desde hai máis tempo, xa que a miúdo implica unha simple [[pirólise]], e os produtos volátiles destilados dun reactor. Necesítase quentar o medio porque a reacción é menos favorable a baixas temperaturas. O rendemento é moi sensible ás condicións. Na [[retrosíntese]], as reaccións de descarboxilación poden considerarse o oposto das [[reacción de homologación|reaccións de homologación]], porque a lonxitude da cadea diminúe, xa que se fai un carbono máis curta. Xeralmente son necesarios metais, especialmente os compostos de [[cobre]].<ref>{{OrgSynth | title = m-Nitrostyrene | author = Richard H. Wiley and Newton R. Smith | prep = cv4p0731 | collvol = 4 | collvolpages = 731}}</ref> Tales reaccións proceden por medio da intermediación de complexos metal carboxilato.
 
A descarboxilación de aril carboxilatos poden xerar o equivalente do correspondente aril anión, que á súa vez pode sufrir [[reacción de acoplamento cruzada|reaccións de acoplamento cruzadas]].