El Papiol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en catalán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2018 ás 14:22

Coordenadas: 41°26′21″N 2°00′38″L / 41.43917, -2.01056 Modelo:Cidade El Papiol é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Tiña en 2017 unha poboación de 4.102 habitantes.

Atópase entre os últimos contrafortes da serra de Collserola, o río Llobregat e a riera de Rubí. A maior parte do seu termo é accidentado, co punto máis alto no Puig Madrona (336 m) e unha boa parte está dentro do Parque Natural de Collserola.

Formouse sobre un outeiro arredor dun castelo, que está documentado dende 1115. En 1315 a poboación crecera o suficiente como para que a parroquia fora trasladada dende a ermida de La Salut ata a localidade. Tradicionalmente foi un pequeno núcleo agrícola e industrial pero actualmente é un núcleo eminentemente residencial.

Véxase tamén

Ligazóns externas