Esfera armilar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Ptolomeo +Tolomeo)
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Armillary sphere.png|miniatura|200px|Esfera armilar.]]
 
En [[astronomía]], unha '''esfera armilar''', coñecida tamén co nome de '''[[astrolabio]] esférico''', é un modelo da [[esfera celeste]] utilizado para mostrar o movemento aparente das estrelas ao redor da [[Terra]] ou o [[Sol]].
 
A esfera armilar inventouna presumibelmente [[Eratóstenes]] contra o ano [[255]] a.C.
 
O cualificativo procede do [[latín]] ''armilla'' (círculo, brazal), dado que o instrumento está construído sobre un esqueleto de círculos graduados mostrando o [[ecuador]], a [[eclíptica]] e os [[meridiano]]s e [[paralelo]]s astronómicos.
 
Na maioría das esferas armilares pódese apreciar a Terra ou tamén, en modelos posteriores, o Sol, representado no centro da esfera.
Liña 12:
[[Ficheiro:Flag of Portugal.svg|miniatura|esquerda|[[Bandeira de Portugal|Bandeira]] de [[Portugal]], co seu ''[[Escudo de Portugal|escudo de armas]]'' sobre unha esfera armilar.]]
 
As esferas armilares utilizáronse como instrumentos de ensinanza xa no [[século III]] a.C.
 
Modelos máis sofisticados realizáronse na época helenística, en tempos do astrónomo [[Claudio Tolomeo]], moito máis precisos e capaces de seren utilizados incluso para predicir observacións.
 
As esferas armilares convertéronse en instrumentos populares ao final da [[Idade Media]] e no [[Renacemento]], e o astrónomo [[Dinamarca|danés]] [[Tycho Brahe]] ([[1546]]-[[1601]]) construíu numerosos enxeños deste tipo.
 
No Renacemento moitos científicos e personaxes públicos posaban para os seus retratos co fondo dunha esfera armilar como símbolo de sabedoría e coñecemento.
 
Ao seren as esferas armilares uns dos primeiros equipos mecánicos complexos, o seu desenvolvemento posibilitou numerosos avances técnicos da [[mecánica]].
 
Na [[bandeira de Portugal|bandeira]] e no [[escudo de Portugal|escudo]] de [[Portugal]] aparece representada unha esfera armilar utilizada como símbolo nacional desde o reinado de [[Manuel I de Portugal]].
Liña 26:
== Equivalente en China ==
[[Ficheiro:ChineseCelestialGlobe.JPG|miniatura|dereita|180px|Globo celeste da dinastía Qing.]]
En [[China]] os astrónomos desenvolveron o equivalente chinés da esfera armilar, os chamados '''globos celestes''', para axudarse con eles a planificar as súas observacións das [[estrela (astronomía)|estrelas]].
 
O globo celeste máis antigo data do ano [[52]] a.C., na época da [[Dinastía Han|dinastía Han Occidental]] e foi construído polos astrónomos Geng Shou-chang (耿壽昌) e Luo-xia Hong (落下閎).
 
Algúns destes instrumentos podían moverse, impulsados por correntes de auga, simulando o movemento dos astros.
 
Moito tempo despois, Li Chun-feng (李淳風), da [[dinastía Tang]], creou, no ano [[633]], un modelo máis avanzado con tres capas esféricas que lle permitían calibrar diferentes aspectos das observacións astronómicas.
 
No ano [[723]], durante a mesma dinastía, o [[monxe]] [[budismo|budista]] [[Yi Xing|Yi-xing]] (一行) e o oficial do goberno Liang Ling-zan (梁令瓚) combinaron o globo celeste de Zhang Heng movido por auga cun dispositivo capaz de permitir a saída do líquido. O resultado foi posibelmente o primeiro reloxo mecánico enteiramente movido por auga ([[clepsidra]]) da historia.