Aguilar de la Frontera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Municipio
m →‎Idade Media: arranxiño
Liña 31:
A conquista musulmá da cidade fixo que pasara entón a denominarse Bulay ou Poley, quizais derivando do grego. A derrota, o [[5 de abril]] do ano [[891]], dos seus poboadores cristiáns e das tropas rebeldes fronte ás tropas do emir Abdallah, fixo que a poboación pasara a pertencer á cora de [[Cabra, Córdoba|Cabra]]. Algún tempo máis tarde, no [[século XI]], Poley foi incluída no [[Zirí|reino zirí de Granada]].
 
O nome actual de Aguilar foille dado tras a conquista cristiá. Foi o monarca [[Fernando III de Castela|Fernando III ''o Santo'']] quen a gañou para [[Reino de Castela|Castela]] no ano [[1240]]. O primeiro gobernador cristián foi un portugués procedente dunha familia toledana, [[Gonzalo Táñez de Aguilar|Gonzalo Yáñez d'Ovinhal]], que a recibiu en forma de Señorío de Aguilar. D. Gonzalo era fillo de Juan GomezGómez de Obiñal, Rico-home de Portugal, e de María Pérez de Aguilar, filla dos señores da vila de Aguiar en Portugal. Xa con [[Afonso X o Sabio|Afonso X]] é cando a poboación pasa a denominarse Aguilar, nome da familia da nai de don Gonzalo, compensando así a este o monarca pola prestación dalgúns servizos. Finalmente, o cualificativo "da fronteira" venlle dado pola súa proximidade á fronteira granadina durante a [[Baixa Idade Media]].
 
Ao inicio do reinado de [[Pedro I de Castela|Pedro I]], Alfonso Fernández Coronel, que recibira só facía uns meses o señorío, revelouse contra o rei. O grito de "Aguilar, Aguilar" fixérase habitual entre os rebeldes en Castela desde principios dese século, así que, reprimida a rebelión, Pedro I decidiu cambiar o nome de Aguilar polo de Monterreal, e o escudo da aguia polo dun rei sentado coa espada desenvaiñada.