Antigo Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Próximo Oriente +Oriente Próximo)
m Arranxiños
Liña 6:
Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos [[semitas]] procedentes da [[rexión de Siria]] e [[Palestina]], [[Libia|libios]] vindos do oeste e individuos de [[Nubia]], que descenderon Nilo abaixo.
 
A súa historia divídese nunha serie de períodos estables ("imperios"), separados por períodos de relativa inestabilidade ("períodos intermedios"). Tralo fin do último imperio, o [[Imperio Novo de Exipto|Imperio Novo]], a civilización do antigo Exipto entrou nun período dun lento e constante declive, durante o cal Exipto foi conquistado por unha sucesión de poderes estranxeiros. O dominio dos faraóns acabouse o ano [[-31|31 a.C.]] cando o entón recente [[Imperio Romano]] liderado por [[Cneo Pompeio Magno|Pompeu]] conquistou ao [[Historia do Exipto grecorromano|Exipto tolemaico]] e incorporou o territorio como unha [[Exipto (provincia romana)|provincia romana de Exipto]].<ref>Clayton (1994) pàg. 217</ref>
 
A civilización do antigo Exipto prosperou adaptándose ás condicións da [[Río Nilo|val do río Nilo]]. Os antigos exipcios controlaron a [[irrigación]] dun val fértil que, ao producir excedente de colleitas, impulsou un gran desenvolvemento social e cultural. Cos recursos aforrados, a [[Administración pública|administración]] investiu na [[minería|explotación mineral]] da zona, desenvolveuse un [[xeroglífico|sistema de escritura]], realizáronse construcións colectivas e proxectos agrícolas, impulsouse o [[comercio]] coas rexións veciñas, e formouse un poderoso [[exército]] que consolidou o dominio exipcio. Exercendo o control destas actividades había unha burocracia de [[escriba]]s de elite, líderes relixiosos e administradores baixo a xerarquía do divino [[faraón]], que garantía a cooperación e a unidade dos exipcios a través dun elaborado sistema de [[Geb|crenzas relixiosas]].<ref>James (2005) páx. 8</ref><ref>Manuelian (1998) páx. 6–7</ref>