Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón (6)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 13:
[[Damon Hill]] gañou o campionato de pilotos, dous anos despois de ser batido por un punto por [[Michael Schumacher]], converténdose no único [[Graham Hill|fillo dun campión do mundo]] que gañou o título. Hill, quen terminara segundo nas dúas últimas tempadas, viuse seriamente ameazado unicamente polo seu compañeiro de equipo, o recentemente chegado [[Jacques Villeneuve]]. Williams Renault gañou facilmente o título de Construtores, xa que non había ningún competidor o suficientemente forte como para desafalo durante todo o campionato. Foi tamén o principio do fin do dominio da década de 1990 de Williams, xa que Hill e o deseñador [[Adrian Newey]] marcharon á conclusión da tempada, e o fabricante de motores Renault deixouno tamén a partir de {{f1|1997}}.
 
O dúas veces campión Schumacher marchouse a [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] que a pesar dos numerosos problemas de fiabilidade, desenvolveron gradualmente un equipo de primeira a finais da tempada. O defensor do Campionato de Construtores, Benetton Renault, comezou o seu declive cara á metade da grella, ao perder o persoal clave cacoa saída de Schumacher, e non puido gañar unha carreira. [[Olivier Panis]] logrou a única vitoria da súa carreira no [[Gran Premio de Mónaco de 1996|Gran Premio de Mónaco]].
 
== Equipos e pilotos ==