Afonso V de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Anton45 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Durante a súa menoridade, Portugal foi rexido pola súa mai, [[Leonor de Aragón (1402-1445)|Leonor de Aragón]], de acordo co desexo expreso en testamento polo rei [[Duarte de Portugal]]. No entanto, por ser muller e estranxeira, Leonor de Aragón non era unha escolla popular e a oposición creceu. O único aliado da raíña mai era [[Afonso I de Bragança|Afonso]], irmán ilexítimo de Duarte e Conde de Barcelos. En [[1439]], as Cortes deciden retirar a rexencia a Leonor e entregala a D. [[Pedro, duque de Coímbra]], o tío máis vello de Afonso. Como rexente, Pedro procurou limitar o desenvolvemento de grandes casas aristocráticas, verdadeiros reinos dentro do reino, e concentrar o poder na persoa do rei. O país prosperou baixo a súa xurisdición, mais o ambiente político non era o máis saudábel unha vez que D. Pedro interfería coa ambición dos nobres. O Conde de Barcelos, inimigo persoal de D. Pedro, a pesar de seren medios-irmáns, tornouse no tío favorito de Afonso V e comezou a conspirar polo poder. En [[1442]], D. Afonso nomea este tío como primeiro [[Duque de Bragança]]. Con este título e terras adxacentes, D. Afonso tórnase no home máis poderoso de Portugal e nun dos máis ricos da Europa. Para asegurar a súa influencia xunto de D. Afonso, D. Pedro organiza o casamento do novo rei coa súa filla [[Isabel de Portugal, raíña de Portugal|Isabel de Coímbra]].
 
A [[9 de xuño]] de [[1448]], D. Afonso V atinxe a maioridade e asume o control do reino. A [[15 de setembro]] do mesmo ano, desexoso de mostrar independencia política, anula todos os editais aprobados durante a rexencia. A situación tórnase inestábel e, no ano seguinte, levado por informacións que máis tarde virían a probarse falsas, D. Afonso declara o tío e sogro D. Pedro rebelde e inimigo do reino. Xuntamente con Afonso de Bragança, derrota o Duque de Coímbra na [[batalla de Alfarrobeira]], onde este é morto en combate. Despois desta batalla e da perda do máis notábel príncipe da ''[[Ínclita xeración]]'', D. Afonso V pasa a ser totalmente controlado polo Duque de Bragança.