Diferenzas entre revisións de «Puberdade»

sen resumo de edición
A '''puberdade'''<ref>{{DRAG|puberdade}}</ref> é un período no que ocorren mudanzas biolóxicas e fisiolóxicas. É neste período cando o corpo se desenvolve física e mentalmente tornándose maduro e o adolescente queda capacitado para xerar fillos. Non debe ser confundida como sinónimo da [[adolescencia]], xa que a puberdade forma parte da adolescencia.
 
Nesta fase, obsérvanse mudanzas tales como: crecemento de pelos, crecemento dos testículos e aparición dos [[Seo (anatomía)|seos]], aumento dos [[Cadeira (anatomía)|cadeiras]] nas rapazas e tórax nos rapaces. O marco principal da puberdade para os [[home]]s é a primeira [[exaculación]], que ocorre de media ós 13 anos.<ref name="Jorgensen & Keiding">(Jorgensen & Keiding 1991).</ref> Para as mulleres, é o inicio da [[menstruación]], que ocorre de media entre 12 e 13 anos.<ref name="Tanner">(Tanner, 1990).</ref><ref name="U.S. menarche">{{cita publicación periódica|autor =Anderson SE, Dallal GE, Must A |título=Relative weight and race influence average age at menarche: results from two nationally representative surveys of US girls studied 25 years apart |xornal=Pediatrics |volume=111 |número=4 Pt 1 |páxinas=844–50 |ano=2003 | pmid=12671122 |doi=10.1542/peds.111.4.844}}</ref><ref name="Canadian menarche">{{cita publicación periódica|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21110899 |título=Age at menarche in Canada: results from the National Longitudinal Survey of Children & Youth|publicación=BMC Public Health |ano= 2010 }}</ref><ref name="UK menarche">{{cita publicación periódica|url=http://vstudentworld.yolasite.com/resources/final_yr/gynae_obs/Hamilton%20Fairley%20Obstetrics%20and%20Gynaecology%20Lecture%20Notes%202%20Ed.pdf |título=Obstetrics and Gynaecology |nome =Diana |apelido =Hamilton-Fairley |edición=2ª|publicación=Blackwell Publishing }}</ref> No século XXI, a idade media na que os nenos acadan a puberdade é menor en comparanza co século XIX, cando era de 15 anos para as rapazas e 16 para os rapaces. Isto pode deberse ós produtos químicos dos alimentos ou a unha mellor nutrición.<ref>{{cita web|url=http://www.telegraph.co.uk/health/healthnews/7824699/Girls-now-reaching-puberty-before-10-a-year-sooner-than-20-years-ago.html|título=Girls now reaching puberty before 10 – a year sooner than 20 years ago|nome =Richard|apelido =Alleyne|data=13 de xuño de 2010|publicación=www.telegraph.co.uk}}</ref>
 
As [[hormona]]s sexuais difiren para os homes e as mulleres, mais non son totalmente exclusivos de cada sexo. Nos homens, os testículos secretan entre outras hormonas a [[testosterona]] e nas mulleres o [[ovario]] fabrica o [[estróxeno]]. As [[gónada]]s e as [[Glándula suprarrenal|glándulas suprarrenais]] de ámbolos dous sexos producen o estróxeno e a testosterona, mas é variábel a cantidade. As características biolóxicas son universais e ocorren de xeito semellante en tódolos seres humanos.
226.373

edicións