Imperio Ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: Río Oka, río Volga
Sen resumo de edición
Liña 177:
 
=== Guerra e paz en Rusia (1796-1825) ===
[[Ficheiro:Borovikovsky Pavel I.jpg|miniatura|esquerda|[[Paulo I de Rusia]].]]Catarina II morreu en [[1796]], e o seu fillo [[Paulo I de Rusia|Paulo]] (r. [[1796]]-[[1801]]) sucedeuna. Dolorosamente enterado de que a súa nai quería nomear ao seu fillo [[Alexandre I de Rusia|Alexandre]] como tsar, Paulo instituíu unha [[primoxenitura]] na liña masculina como a base para a sucesión. Sería unha das reformas que durarían do breve reinado de Paulo. El tamén sostivo a Compañía Ruso-Americana, a cal levou a Rusia a adquirir [[Alasca]]. Paulo era xeneroso pero volátil, a súa xenerosidade cara os seus servos causoulle moitos inimigos.
 
Como poder europeo, Rusia non podía fuxir das guerras que implicaban á [[Francia]] napoleónica. Paulo converteuse nun opositor firme de Francia, e Rusia, xunto co [[Reino Unido]] e o [[Imperio austríaco|Austria]] na [[Segunda Coalición]] trabaron unha guerra contra Francia. Entre [[1798]]-[[1799]] as tropas rusas realizaron brillantes campañas na [[República Cisalpina]] e en [[Suíza]]. A axuda de Paulo á Orde de Malta, enfureceu a moitos dos membros da súa corte. Xunto con políticos liberais descubriu a enorme corrupción que había na Facenda, o que fixo que fora asasinado en [[1801]]. [[Ficheiro:Alexander_I_of_Russia_by_F.Kruger_(1837,_Hermitage).jpg|miniatura|Retrato ecuestre de Alexandre I.]]