Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 46.222.220.160 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
Etiqueta: Reversión
Liña 396:
Pouco e pouco vai medrando a actividade editorial na cidade, pero o pulo definitivo chega logo da guerra civil, sobre todo no ámbito das editoriais [[galeguismo(política)|galeguistas]], aínda que aparecen algunhas iniciativas de edición en [[lingua castelá|español]] que teñen interese.
 
En [[1948]] [[Xosé María Álvarez Blázquez]] e [[Luís Viñas Cortegoso]] crean o anticuario Monterrey, na rúa Pi i Margall e dous anos máis tarde fundan Edicións Monterrey. Empezaron publicando libros de [[bibliofilia]], entre eles o polémico ''Cancioneiro de Monfero'', que non era a edición dun códice medieval senón poemas de estilo medieval escritos por X. M. Álvarez Blázquez. En [[1951]] fúndase [[Editorial Galaxia]]. O seu obxectivo era crear un espazo para a potenciación e modernización do galeguismo. Aínda que se trata dunha editorial xeralista de carácter [[nacionalismo galego|nacionalista]], desde os seus comezos fixou a súa liña editorial, que se centraba na publicación de [[literatura galega]], ensaio e a revista ''[[Grial (revista)|Grial]]''.
 
En [[1964]] os irmáns Álvarez Blázquez abren un novo proxecto editorial, [[Edicións Castrelos]], con dúas liñas editoriais fundamentais: clásicos galegos, na colección Follas Novas, e a primeira colección de cultura popular galega, Os Libros do Moucho, que publicaba libros escritos polos propios editores, especialmente Xosé María, de etnografía, obras literarias clásicas breves, curiosidades lingüísticas…