Anton van Dyck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
Elisardojm (conversa | contribucións)
formato ref
Liña 26:
'''Anton van Dyck''',<ref>{{Cita enciclopedia |artigo=Van Dyck, Anton |enciclopedia=[[Diciopedia do século 21]] |volume=3 |páxinas=2135-2136 |ano=2006 |editorial= [[Edicións do Cumio|Do Cumio]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]] e [[Ediciós do Castro|do Castro]] |isbn=978-84-8288-942-9}}</ref><ref>{{Cita enciclopedia |artigo=Dyck, Anton van |enciclopedia=[[Enciclopedia Galega Universal]] |ano=1999-2002 |volume=7 |páxina=477 |editorial=[[Ir Indo]] |isbn=84-7680-288-9}}</ref> nado en [[Antuerpen]] o {{data|22|03|1599}} e finado en [[Londres]] o [[9 de decembro]] de [[1641]], foi un [[Pintura|pintor]] [[Países Baixos españois|flamengo]] especialmente dedicado á elaboración de retratos. Na súa lingua materna, o [[Lingua neerlandesa|neerlandés]], o seu nome é '''Antoon van Dijck''' (a palabra ''dijck'' significa '[[carballo]]' ou '[[aciñeira]]'). Chegou a ser o primeiro pintor de corte en Inglaterra tras unha longa estancia en Italia. É universalmente coñecido polos seus retratos da nobreza xenovesa e de [[Carlos I de Inglaterra|Carlos I]], rei de Inglaterra, dos membros da súa familia e da súa corte. Co seu método de pintura dunha elegancia relaxada, influíu nos retratistas ingleses, como [[Peter Lely]] ou [[Mary Beale]]. Ademais de retratos, polos cales foi bastante apreciado, ocupouse tamén de temas bíblicos e mitolóxicos, introducindo algunhas notables innovacións pictóricas.
 
{{cita|Grande para Flandres era a fama de [[Peter Paul Rubens]], cando en Antuerpen na súa escola xurdiu un mozo levado de tan nobre xenerosidade de costumes e dun tan belo espírito na pintura que ben deu signos de ilustrala e aumentar o seu esplendor.|[[Giovanni Pietro Bellori]]<ref>Bellori,{{Cita ''Vite'',Harvard p.sen parénteses|Bellori|1976|p=271.}}</ref>}}
 
En Antuerpen foi discípulo de [[Hendrick van Balen]], con quen permaneceu entre 1609 e 1610.<ref>[http://www.rkd.nl/rkddb/dispatcher.aspx?action=search&database=ChoiceArtists&search=priref=4015 Balen, Hendrick van (I) en Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD)] {{nl}}</ref> Máis adiante foi tamén alumno e asistente de [[Peter Paul Rubens|Rubens]], do que asimilou a técnica e en parte tamén o estilo, e en 1618 foi admitido como mestre no gremio de San Lucas.
Liña 105:
En abril de [[1632]], van Dyck chegou por segunda vez a Inglaterra. Acollido con todas as honras, foi presentado ao rei, que coñecera anos antes como [[Príncipe de Gales]], e aloxouse en Londres, na casa de Edward Norgate, escritor de arte, pagado pola coroa.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Bodart|1997|p=38}}</ref> Logo cambiou de residencia para establecerse en [[Blackfriars]], lonxe da influencia da ''[[Worshipful Company of Painter-Stainers]]'', importante organización de pintores londinienses. Nesta gran casa, agasallo do rei, cun xardín sobre o [[río Támese]], recibía aos seus hóspedes e a miúdo realizaba as súas pinturas. Tras poucos meses, o 5 de xullo de 1632, Carlos I conferiulle o título nobiliario de ''[[baronet]]'', nomeándoo membro da [[Orde do Baño]], e garantiulle unha renda anual de 200 [[libra esterlina|libras esterlinas]], ademais de facer oficial o seu nomeamento como [[primeiro pintor da corte]].<ref>Müller Hofstede, ''Van Dyck'', p. 56.</ref> Bellori expresouse da seguinte maneira sobre o período inglés de van Dyck:
 
{{cita|''Contrastava egli con la magnificenza di Parrasio, tenendo servi, carrozze, cavalli, suonatori, musici e buffoni, e con questi trattenimenti dava luogo a tutti li maggiori personaggi, cavalieri e dame, che venivano giornalmente a farsi ritrarre in casa sua. Di più trattenendosi questi, apprestava loro lautissime vivande alla sua tavola, con ispesa di trenta scudi il giorno''.|Bellori, ''Vite de' pittori, scultori e architecti moderni'', 1976<ref>Bellori,{{Cita p.278,Harvard sen parénteses|Bellori|1976|p=278}}</ref>}}
 
Con todo, en [[1634]], durante ao redor dun ano, van Dyck decidiu trasladarse a Antuerpen e a [[Bruxelas]], para visitar á súa familia. Tras adquirir un vestido en Antuerpen, en abril foi chamado a Bruxelas. Aquí asistiu á entrada na cidade do [[Cardeal-Infante Fernando de Habsburgo]], irmán do rei Filipe IV de España, novo rexente dos Países Baixos españois. Van Dyck fixo numerosos retratos do novo rexente e de varios expoñentes do clero e da aristocracia. Un dos máis ambiciosos retratos de grupo destes anos é o ''Retrato do conde Johannes de Nassau e a súa familia''. No curso da súa estancia en Bruxelas atopouse tamén con [[Tomás Francisco de Savoia]], primeiro príncipe de Carignano, e comandante xeral das forzas españolas nos Países Baixos, de quen realizou un gran retrato ecuestre, no cal o príncipe aparece en toda a súa maxestade, mantendo con firmeza un espléndido cabalo mentres se pon o chapeu. Este retrato foi tamén un modelo para o ''[[Retrato do conde-duque de Olivares a cabalo]]'' de [[Diego Velázquez]].<ref>Brown, pp. 275-276.</ref> Pouco antes do seu regreso a Inglaterra, van Dyck foi chamado a realizar un gran retrato de grupo que representase a todos os membros do [[Concellos de Bélxica|Consello da cidade]] e do [[alcalde|burgomestre]], quen tiñan a misión de gobernar a urbe. O cadro estaba destinado á sala do tribunal da [[Grand Place]] de Bruxelas. Tristemente, durante o [[Bombardeo de Bruxelas|bombardeo]] [[Francia|francés]] sobre Bruxelas ordenado polo [[Mariscal de Francia]], [[François de Neufville]], en [[1695]], a pintura foi destruída.<ref>Brown, p. 288.</ref>