Neoxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeotectónica: Arranxos varios
m →‎Mioceno: arranxiño
Liña 9:
 
=== Mioceno ===
O clima do Mioceno era máis fresco que o da época precedente. No [[hemisferio norte]], grandes áreas antes cubertas por espesos [[bosquesbosque]]s convertéronse en grandes pradarías. No [[hemisferio sur]] xa se establecera un sistema circumplanetario de [[correntes oceánicas]], que illaba a [[Antártida]] das correntes máis cálidas do resto do mundo. Isto favoreceu á desaparición dun gran casquete de [[xeo]] antártico. O [[continente]] antártico viuse sometido a unha primeira fase de [[glaciación]]. Este feito tivo como efecto inmediato un descenso do nivel dos océanos e, como consecuencia, o [[mar Mediterráneo]] deixou de estar comunicado co [[océano Atlántico]], abrindo unha nova comunicación entre as faunas terrestres de [[Europa]], [[África]] e [[Asia]].
 
O Mediterráneo quedou reducido a uns poucos [[lago]]s salinos que deron lugar a depósitos de evaporitas. Dende o fondo do mar desecado, relevos como as [[Baleares]] ou [[Córsega]] e [[Sardeña]] aparecían como extraordinarias [[cordilleira]]s en medio dun [[deserto]] salino.