Serie 599 de Renfe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
m Ligazóns internas
m Arranxos varios + cda
Liña 1:
[[Ficheiro:Station Santiago de Compostella 2015 (6).JPG|miniatura|300x300px|Dúas unidades da serie 599 acopladas a facer parada comercial na [[estación de Santiago de Compostela]].]]
A '''Serie 599 de Renfe''' ou '''TDMD''' (''Tren [[Diesel|Diésel]] de Media Distancia'') é unha familia de [[Automotor|automotoresautomotor]]es rexionais [[Motor diésel|diésel]] dedicados a cubrir liñas de [[Media distancia Renfe|Media Distancia]] de [[Renfe Operadora]]. Foron fabricados pola empresa [[País Vasco|vasca]] [[Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles|CAF]].<ref>{{Cita web|url=http://www.enpuntorenfe.es/portada.htm|apelidos=Nacho Guisasola|editorial=[[Renfe Operadora]]|título=La media distancia se transforma}}</ref> Acadan unha velocidade de 160 [[Quilómetro por hora|km/h]]<ref name=":0" />.
 
== Historia ==
No ano [[2005]] [[Renfe Operadora]] iniciou o proceso de adquisión dunha nova serie de automotores diésel destinados a substituír aos da serie 592, 593 e 596. A compra realizouse mediante concurso, no que se recibiron varias ofertas. En [[xullo]] do [[2006]] Renfe adxudicou a CAF a construción da serie de 50 novos automotores<ref name=":0" />. O contrato de compra asinouse en [[setembro]] do mesmo ano. O seu importe pola serie completa foi de 264.1 millóns de [[Euro|euroseuro]]s, o que supuxo, un custo de 5.36 millóns de [[Euro|euroseuro]]s por unidade construída e de 28.670 [[Euro|euroseuro]]s por praza.
 
A nova serie recibiu a numeración oficial de serie 599. En orixe as caracteristas requiridas eran moi semellantes ás da última serie que Renfe adquirira a CAF, a [[Serie 598 de Renfe|serie 598]]. CAF non presentou para a serie unha nova versión da anterior, senón que fixo do 599 un proxecto completo. Pouco despois da adquisición da serie adquiriuse unha segunda semellante á 599, a 449, composta de automotores eléctricos.
Liña 13:
=== Composición ===
[[Ficheiro:Renfe_S599_Atarfe-Santa_Fe_03.jpg|miniatura|Porta intermedia característica adaptada a persoas de mobilidade reducida.]]
Cada tren está composto de tres coches, dous extremos motores moi semellantes entre si e un remolque intermedio. Cada extremo dispón de dous motores, un en cada bogie, que accionan o eixo interior. Os catro motores dedicados á tracción son diésel-hidráulicos, do modelo ''MAN D2876 LUE 623'', cunha potencia nominal de 382 [[Watt|kW]], o que supón un total de 1528 &nbsp;kW<ref name=":0">{{Cita web|url=http://www.renfe.com/viajeros/nuestros_trenes/md_599.html|páxina-web=www.renfe.com|título=Nuestros Trenes|data-acceso=2017-12-30|lingua=es-ES}}</ref>. O peso aproximado do tren rolda as 160 [[Tonelada|toneladastonelada]]s, o que significa que a potencia dispoñíbel por tonelada é de 9,5 &nbsp;kW por tonelada, moi superior á doutros trens rexionais.
 
O aspecto do remolque intermedio destaca debido a que é un dos primeiros trens adaptados ás novas normativas de accesibilidade, polo que dispón dunha zona de nivel baixo a que poden acceder as persoas de mobilidade reducida sen necesidade de axuda externa. Por mor desta disposición, os dous grupos motor-alternador que producen a enerxía auxiliar atópanse instalados no teito deste coche. A potencia de xeración destes grupos está entre os 180–190 &nbsp;kW. En servizo normal funciona un único xerador, manténdose o xemelgo en reserva.
 
O 599 inicialmente fabricouse para circular por [[Largo ibérico|largo ibérico.]]. Porén, está previsto que poida nun futuro circular por vías de [[largo internacional]], polo que dispón dos espazos e ocos necesarios tanto no interior da caixa como baixo ela para incorporar os bogies necesarios. Esta necesidade de espazo impide dotar á serie 599 de prestacións das que dispoñen outros trens de CAF, como o sistema de cambio de largo [[BRAVA]] ou o de basculación [[SIBI]].
 
Esta preparación fai que todos os elementos estruturais do tren estean pensados para soportar a circulación e o cruzamento con trens de [[Alta Velocidade Española|alta velocidade]]. Así por exemplo, o cristal frontal debe superar unha proba de lanzamento dun proxectil a unha velocidade que supera os 350 &nbsp;km/h.
 
===Distribución ===
A distribución interior dun tren é a adaptada para servizos rexionais. Existe unha única clase, con asentos tapizados, reclinábeis e non orientábeis. Cada asento dispón de bandexa, alcándara e unha toma de corrente estándar. A distribución de asentos é de corredor central, con riolas de 2+2 asentos orientados cada metade nun sentido. Algunhas riolas dispoñen de asentos enfrontados, entre os cales existe unha mesa, mentres que outras comparten orientación coas contiguas.
 
Cada coche dispón dun servizo e maleteiro. No coche intermedio atópase a zona dedicada a persoas de mobilidade reducida, que dispón dun baño adaptado a persoas que viaxan en cadeira de rodas e de máquina de autovenda de bebidas e aperitivos. Tamén existe unha zona para [[Bicicleta|bicicletasbicicleta]]s que dispón de 3 prazas.<ref name=":0" />
 
A diferenza de series anteriores de CAF, as portas de acceso ao tren son dunha única folla con xunta inchábel para soportar cruces con trens de alta velocidade, tendo un paso libre de 1.2 [[Metro|metrosmetro]]s para permitir o acceso fácil de calquera persoa con equipaxe. Só existe unha porta por lado por coche, preto da metade, dividindo cada coche en dúas salas para viaxeiros. O paso entre coche e coche, con portas automatizadas, é sinxelo.
 
As pantallas interiores amosan o destino, as próximas paradas e a velocidade á que se circula<ref name=":1" />. Teñen a capacidade de mostrar campañas promocionais da compañía ferroviaria. As exteriores amosan o destino e o número de coche, e en caso de circular varias unidades axustadas, teñen a capacidade de mostrar números de coche distintos para cada unidade.
Liña 45:
=== Ligazóns externas ===
* [https://www.youtube.com/watch?v=cTedgg2raLg Vídeo corporativo de Renfe sobre a serie 599.]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Media distancia Renfe]]