Cerebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
O cerebro encóntrase situado na [[cabeza]], protexido polo [[cranio]]. Polo xeral, preto dos principais órganos dos sentidos como a [[visión]], a [[audición]], o [[equilibriocepción|equilibrio]], o [[gusto]] e o [[olfacto]]. Corresponde, por tanto, á parte antesuperior do [[encéfalo]] dos [[cerebro humano|humanos]] e outros [[vertebrados]] e se subdivide en [[prosencéfalo|cerebro anterior]], [[mesencéfalo|cerebro medio]] e [[rombencéfalo|cerebro posterior]]. Noutros animais, como os [[invertebrados]] [[bilaterais]], enténdese por cerebro unha serie de ganglios arredor do [[esófago]] na parte anterior do corpo, comprendidos polo protocerebro, deutocerebro e tritocerebro nos [[artrópodos]]; ganglios cerebral, pleural e pedial nos moluscos [[gasterópodos]]; e masas supraesofágica e subesofágica en moluscos [[cefalópodos]]. Tamén posúen cerebros moi arcaicos ou simples bilaterais, os [[platihelmintos]], os [[nematodos]] e os [[hemicordados]]. Porén, hai bilaterais que mostran moi poucos aspectos distintivos de cefalización como os [[bivalvos]] ou os [[briozoos]]. Nalgunhas especies de invertebrados non existe un cerebro por carecer completamente de sistema nervioso, como nos [[poríferos]], nos [[placozoos]] ou nos [[mesozoos]]. Outros posúen un sistema nervioso, pero carecen de trazos definidos de centralización ou cefalización ao mostrar simetrías non bilaterais como os [[cnidarios]], os [[ctenóforos]] ou os [[equinodermos]].
 
Desde un punto de vista evolutivo e biolóxico, a función do cerebro como [[órgano]], é exercer un control centralizado sobre os demais órganos do corpo. O cerebro actúa sobre o resto do organismo pola xeración de patróns de actividade muscular ou pola produción e secreción de substancias químicas chamadas [[hormona]]s. Este control centralizado permite respostas rápidas e coordinadas ante os cambios que se presentan no medio [[ambiente]]. Algúns tipos básicos de resposta tales como os [[Reacción reflexa|reflexos]] poden estar mediados pola [[medula espiñal]] ou os [[ganglio]]s periféricos, pero un sofisticado control intencional da conduta sobre a base da información sensorial complexa require a capacidade de integrar a información dun cerebro centralizado. Controla e coordina o [[comportamento]], a [[homeostase]] (funcións corporais coma o latexo do [[corazón]], a presión do [[sangue]], o balance de fluídos e a temperatura do corpo) e as funcións mentais (a [[emoción]], a [[memoria]], a [[aprendizaxe]] etc.).
 
O cerebro dos vertebrados é o órgano máis complexo do corpo. Nun humano típico, a [[córtex cerebral]] (a parte máis grande) estímase que contén entre 15 e 33 mil millóns de [[neurona]]s,<ref>{{cita publicación periódica |apelidos=Pelvig |nome=DP |apelidos2=Pakkenberg |nome2=H |apelidos3=Stark |nome3=AK |apelidos4=Pakkenberg |nome4=B |título=Neocortical glial cell numbers in human brains |revista=Neurobiology of Aging |ano=2008 |volume=29 |páxinas=1754–1762 |pmid=17544173 |doi=10.1016/j.neurobiolaging.2007.04.013 |número=11 |lingua=en}}</ref> transmitindo as súas mensaxes a outras neuronas mediante a [[sinapse]]. Estas neuronas comunícanse con outras a través de fibras largas de [[protoplasma]] chamadas [[axón]]s, as cales levan trens de impulsos eléctricos denominados [[Impulso nervioso|potenciais de acción]] a partes distantes do cerebro ou do corpo, tendo como branco receptores específicos.
Liña 16:
Desde unha perspectiva filosófica, o que fai ao cerebro especial en comparación cos outros órganos, é que forma a estrutura física que xera a [[mente]]. Como [[Hipócrates]] argumentaba: «Os homes deberían saber que do cerebro e nada máis que do cerebro veñen as alegrías, o placer, a risa, o ocio, as penas, a dor, o abatemento e as lamentacións». Porén, do corazón figurado e das súas emocións proceden certas sensacións concretas como o gozo, o amor e o contentamento.
 
Durante as primeiras etapas da [[psicoloxía]], creuse que a mente debía separarse do cerebro. Pero posteriormente os científicos realizaron experimentos que chegaron a determinar que a mente era un compoñente no funcionamento cerebral pola expresión de certos comportamentos baseados no seu medio [[ambiente]] externo e o desenvolvemento do seu organismo. Os mecanismos polos cales a actividade cerebral dá lugar á conciencia e ao pensamento son moi díficiles de comprender: a pesar dos múltiples e rápidos avances científicos, segue habendo moitos misterios acerca de cómo funciona o cerebro. Na actualidade, as operacións das células cerebrais individuais son comprendidas con máis detalle, pero a forma en que cooperan entre os conxuntos de millóns foi moi difícil de descifrar. Así mesmo, os enfoques máis prometedores tratan ao cerebro coma unha «computadora biolóxica», totalmente diferente do mecanismo das computadoras electrónicas, pero similar no sentido que adquiren a información do mundo circundante, almacenándoa e procesándoa de múltiples formas.
 
Así a todo, pese a ser un dos órganos máis estudados, desenvolvéronse unha serie de conceptos erróneos que chegaron a ser asimilados pola sociedade como correctos, como é o caso da lenda que di que os humanos só utilizamos un 10 % do cerebro.<ref>{{cita publicación periódica |apelidos=Alonso |nome=JR |título=El mito del 10 % |url=http://principia.io/2015/02/19/el-mito-del-10/ |revista=Principia |ano=2015 |issn=2386-5997 |lingua=es}}</ref>