Abismo de Helmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 22:
Cando [[Cirion]], [[Mordomo de Gondor]], outorgou a rexión de Calenardhon á tribo dos [[Éothéod]], Aglarond pasou aos coidados dos [[Rohirrim]], que a chamaron '''Súthburg''' (burgo do sur no seu idioma). A garda de Gondor fusionouse coa de [[Angrenost]] ao norte, que permaneceu en poder de Gondor. Nun principio, as tarefas de vixilancia dos vaos foron compartidas por Gondor e Roham, mais acabaron sendo mantidas só polos Rohirrim.
 
Durante o reinado de [[Helmo Man de Martelo]], [[Rohan]] sufriu o ataque dos Homes de Bruna que moraban na outra beira do río [[Isen (Terra Media)|Isen]]. A súa capital, [[Edoras]], caeu, e Helmo retirouse a Súthburg xunto con grande parte do seu pobo. Como Helmo sempre tocaba un grande corno antes de saír a cabalo para combater os belicosos Homes de Bruna, a torre da homenaxe pasou a chamarse '''Cornoburgo'''. Durante a [[Guerra do Anel]], o Cornoburg serviu de refuxio para os [[Rohirrim]] mentres defendían o lugar na [[Batallabatalla dedo Cornoburgo|Abismo de Helmo]].
 
Após a guerra, [[Gimli]] o [[Anano (Terra Media)|Anano]], que loitou nesa batalla, estabeleceu alí unha colonia da Xente de Durin. Aglarond estaba situada fronte a un enorme complexo de cavernas de grande beleza, que se lle antollou irresistíbel. A partir daquela, Gimli foi coñecido como o 'Señor das Cavernas Escintilantes', aínda que en teoría o goberno deste reino recaía en [[Thorin Helmo de Pedra]], parente seu e herdeiro soberano de toda a Xente de Durin. Trala Guerra do Anel, os ananos de Aglarond restauraron o Cornoburgo, que se converteu nunha fortaleza compartida cos [[Rohirrim]].