Pearl Jam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
lig int
Liña 24:
Nese tempo, o guitarrista [[Stone Gossard]] e o baixista [[Jeff Ament]] eran amigos e formaron unha banda de [[hard rock]] chamada [[Green River]] a mediados dos 80, xunto co guitarrista [[Steve Turner]] e o vocalista [[Mark Arm]]. Con [[Green River]] chegou a gravar e a lanzar un disco, chamado ''[[Rehad Doll]]'', á parte dun EP, polo selo local [[Sub Pop]]. Porén, en [[1988]] a banda decidiu separarse. Arm e Turner formarían despois [[Mudhoney]], un dos grupos pioneiros do [[grunge]]. Pola súa banda, Jeff e Stone continuaron xuntos, e co batería [[Jeff Turner]] e o vocalista [[Andrew Wood]], formarían unha nova banda, chamada [[Mother Love Bone]]. Asinaron un contrato con [[Geffen Records]] e lanzaron en [[1989]] o EP ''Shine'' e, en [[1990]], un álbum chamado ''[[Apple (álbum)|Apple]]''. A banda comezaba a ter éxito nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], cando, despois do lanzamento de ''Apple'', o [[16 de marzo]] de [[1990]], o vocalista [[Andrew Wood]] morreu dunha sobredose de heroína.
 
Despois diso, Stone e Jeff separánronse, pero continuaron compoñendo cancións. Despois dalgún tempo, xuntánronse de novo coa intención de formar un novo grupo. Incorporaron ao guitarrista [[Mike McCready]] (ex-Shadow), pero faltaba aínda un vocalista e un batería. Por medio do amigo e batería [[Jack Irons]] (ex-[[Red Hot Chili Peppers]]), coñeceron a [[Eddie Vedder]], que estaba naquel momento traballando en [[San Diego,]] ([[California]]), pero que acostumaba a tocar con algúns amigos en bares de [[Seattle]]. Vedder recibiu unha cinta demo do trío de Seattle e gustoulle o que escoitou. Decidiu escribir as letras que lle faltaban a esas cancións e el mesmo as gravou na cinta e a enviou de volta para [[Seattle]]. O trío ficou impresionado co resulatado e decidiu convidar a Eddie para ser a voz da futura nova banda. Así, Vedder marchou cara [[Seattle]] e gravou coa banda durante tres semanas. Despois das mesmas xa estaban tocando para o público local.
 
Ao mesmo tempo que iso acontecía, [[Chris Cornell]], vocalista de [[Soundgarden]] e ex-compañeiro de cuarto do falecido vocalista de [[Mother Love Bone]], decide formar unha banda para facer un disco en homenaxe ao antigo compañeiro. El contacta con [[Jeff Ament]] e [[Stone Gossard]] que aceptan formar parte dese proxecto. Estes levan a [[Mike McCready]] e [[Eddie Vedder]], e xunto co batería [[Matt Cameron]], tamén de [[Soundgarden]], forman [[Temple of the Dog]]. Gravan un excelente álbum auto-titulado, que saíu pola A&M Records en [[1991]]. Despois da fin desa banda (que dende o início era só un proxecto temporal para homenaxear ao carismático [[Andrew Wood]]), Jeff, Stone, Mike e Eddie deciden formar definitivamente unha nova banda, e para iso refórzanse co batería [[Dave Krusen]].