Vilancico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Johansen Viggo - Radosne Boże Narodzenie.jpg|miniatura|dereita|300px|''Feliz Nadal'', obra de Johansen Viggo.]]
 
O '''vilancico'''<ref>{{DRAG|vilancico}}</ref> ou '''panxoliña''' é un subxénero da [[lírica]] consistente nunha cancionciña de corte popular, de [[métrica]] moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de [[estrofa]]s iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de [[Nadal]] [[Galicia|galegos]], escritos e cantados en toda a [[Península Ibérica]] durante os [[Séculos Escuros]].
 
[[Carlos Villanueva Abelairas]], profesor da [[Universidade de Santiago]] e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre [[panxoliña]]s e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no [[século XV]] e [[século XVI|XVI]], non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno [[Xesús de Nazaret|Xesús]] e ao portal dos Reis.
Liña 28:
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
*'''[[Panxoliña]]'''
 
===Bibliografía===
* {{Versaleta|[[Pilar Alén|Alén, P.]]}} (1997): ''Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos''. Ed.. A Nosa Terra.