Carmen Babiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios, replaced: |coautores= → |autor2= (4) using AWB
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
 
== Traxectoria ==
Naceu en Santiago de Compostela o ano 1852. Era filla de José Babiano Rodríguez, coronel do exército, e de María del Carmen Clara Méndez Núñez, irmá do célebre almirante [[Casto Méndez Núñez]]. Sendo moi nena trasladouse a vivir a [[Pontevedra]] cos seus pais, ao domicilio da súa tía Soledad quen residía nun magnífico [[:es:Palacete de las Mendoza|palacete]]. Rodeada dun ambiente cultural e sendo partícipe das múltiples reunións e faladoiros que se celebraban no seu fogar, ás que acudían os persoeiros máis relevantes da época nos ámbitos da política, cultura, etc., Carmen pronto destacou como unha pintora con moita proxección de futuro. O seu talento foi fomentado polos seus pais que lle procuraron clases de pintura co pintor catalán [[Ramón Vives]], que se encontraba destinado no Instituto de Pontevedra.
 
Participou en varias exposicións con éxito notable. A súa obra destaca polo seu realismo, aínda que carece dun estilo propio. Ademais do óleo practicou a técnica do debuxo, realizando espléndidos cadros da vida cotiá que foron publicados nalgunhas revistas. Foi colaboradora da revista [[La Ilustración Gallega y Asturiana]].