Río Obi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Fauna e flora: Estepa (bioma)
Liña 105:
A conca presenta formacións vexetais variadas. Ao sur, na zona correspondente ao clima siberiano meridional, atópanse [[prado]]s siberianos, estepas de herbas, accidentadas con [[Depresión (xeografía)|depresións]] salinas ou ''solonetz'', de áreas húmidas, con bosques de [[bidueiro]]s, de [[álamo]]s e de [[piñeiro]]s.
 
A conca do Irtysh, sobre as súas marxes sur-occidentais e nos vales do Tobol e do Ichim, sitúase no límite do [[clima desértico]] de Casaquistán e é o ámbito da [[Estepa (bioma)|estepa]] onde non se encontran árbores. Máis ao norte, a [[taiga]] dáse no clima siberiano de verán fresco e está salpicada de marismas chamadas ''ourmany'', precedendo esta a [[tundra]], que ocupa a parte máis baixa do río.
 
Máis dunha cincuentena de especies de peixes viven na conca do Obi e no extenso estuario. De todas elas, as máis importantes economicamente son algunhas variedades de [[Acipenseridae|esturións]] como o ''Stenodus leucichthyse'', e o ''Coregonus nasuse''. Existen tamén: a [[perca]], o [[peixe sapo]], a [[carpa]], o [[lucio]] e o [[alburno]]. A conxelación estacional das augas dos cursos de auga na parte baixa da conca, (desde a confluencia co Tym até o delta) contribúe a unha forte diminución da osixenación das augas, e implica unha elevada mortalidade nos peixes.