Charlotte Perkins Gilman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Escritora}}
'''Charlotte Anna Perkins''', nada en [[Hartford, Connecticut|Hartford]] o [[3 de xullo]] de [[1860]] e finada en [[Pasadena, California|Pasadena]] o [[17 de agosto]] de [[1935]], foi unha intelectual norteamericana multidisciplinar, moi activa en defensa dos dereitos civís das mulleres entre finais de 1890 e mediados de 1920. A súa obra máis coñecida é ''The Yellow Wallpaper'' publicada en 1892, un relato breve con toques autobiográficos escrito tras unha profunda [[Depresión (psicoloxía)|depresión]] postparto. A súa utopía ''Herland'' (1915), é considerada a precursora da ciencia-ficción feminista moderna. A súa figura servirá de modelo para futuras xeracións de mulleres debido ás súas ideas e o seu estilo de vida pouco ortodoxo para a época.
 
== Traxectoria==
Liña 24:
 
Durante o verán de 1888, Charlotte márchase unha tempada a [[Bristol]] (Rhode Island) xunto á súa filla Katharine e alí comeza a notar unha progresiva mellora da súa depresión. Gilman finalmente decide separarse do seu esposo, pois o considera necesario para mellorar a súa saúde mental. Anos máis tarde, en abril de 1894, o matrimonio divorciarase, algo insólito para a época. Esta experiencia será de moita axuda para ela, para máis adiante escribir unha das súas obras máis coñecidas e valoradas ''The Yellow Wallpaper'' (1892).
[[Ficheiro:Informal portrait of Charlotte Perkins Gilman and her daughter, Katherine Beecher Stetson, outdoors, ca. 1897. (16911145300).jpg|miniatura|Charlotte Perkins Gilman ie laa seva filla Katherine Beecher Stetson (1897)]]
Despois da separación, Gilman marchouse coa súa filla a [[California]]. No ano 1890, inspirouse o suficiente como para producir 15 ensaios, poemas, e unha novela. Para Charlotte foi unha época de gran creatividade, activismo social e actividade intelectual. Paralelamente participaba activamente en varias organizacións feministas e reformistas como a ''Pacific Coast Woman's Press Association'', a ''Woman's Alliance'', o ''Economic Club'', a ''Ebell Society'', a ''Parents Association'' e o ''State Council of Women''.