Alex Kapranos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
| web =
}}
'''Alex Kapranos''' ([[Alfabeto grego|grego]]: Άλεξ Καπράνος, nado '''Alexander Paul Kapranos Huntley''', [[20 de marzo]] de [[1972]], [[Almondsbury]], [[Gloucestershire]], [[Inglaterra]]) é un músico [[Reino Unido|británico]], máis coñecido polo traballo como [[vocalista]] e [[guitarrista]] da banda [[Franz Ferdinand (banda)|Franz Ferdinand]].
 
Alex Kapranos, fillo de pai grego e nai inglesa <ref>{{Cita web|author=Neil Scott |url=http://tmcq.co.uk/interviews/alex-kapranos/ |title=The Mind’s Construction Quarterly » Alex Kapranos |publisher=Tmcq.co.uk |date= |accessdate=29-06-2013}}</ref>, pasou a infancia en Sunderland e South Shields, Reino Unido, cidade natal de súa nai e pasaba as vacacións de verán en [[Grecia]], terra do seu pai. Huntley é o nome de solteira da súa nai. Alex pasou a usar este nome temendo sufrir discriminación debido ao seu apelido grego mentres aínda estaba na escola e acabara de se mudar a [[Escocia]]. A súa nai insistiu en pórlle de segundo nome "Paul", pois ela era fan de [[Paul McCartney]].
Liña 26:
Despois de traballar como xefe de cociña, camareiro, profesor no Instituto de Tecnoloxía do Anniesland College, repartidor de comida india e en varios outros empregos, Alex tamén se uniu ás populares bandas de [[Glasgow]], como [[The Amphetameanies]], [[The Yummy Fur]] (Alex entrou na banda en 1998, e non participou en ningún álbum), e [[The Karelia]].
 
Posteriormente, decidiu tirar o apelido "Huntley" do seu nome, e formou en 2001 a banda [[Franz Ferdinand (banda)|Franz Ferdinand]], xunto con [[Robert Hardy (baixista)|Bob Hardy]] que fora camareiro con el, [[Nick McCarthy]], que o acababa de coñecer nunha festa, e [[Paul Thomson]], ex-batería de [[The Yummy Fur]]. Franz Ferdinand comezou a recibir atención internacional co lanzamento do sinxelo [[Take me Out]]. A banda recibiu premios importantes como o Ivor Novello, o [[Mercury Music Prize]], ou os [[Brit Awards]].
 
Alex ten asma e é alérxico ás améndoas (que compara co [[arsénico]]). Escribe para o [[The Guardian]], na columna Soundbites que conta as súas aventuras culinarias con Franz Ferdinand. Recentemente, publicou un libro de gastronomía xuntando todas as columnas publicadas no xornal e máis algunhas inéditas, chamado ''Mordidas sonoras'' (Conrad, 2007).