George W. Bush: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Elimino homónimos
Liña 51:
En [[1978]], Bush intentou ser candidato do Partido Demócrata dentro do distrito 19 de Texas, pero perdeu por unha estreita marxe de votos as primarias.
 
En [[1994]], sendo xa o seu pai presidente dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], Bush gañou as eleccións para Gobernador de [[Texas]], ó tempo que o seu irmán se convertía en Gobernador de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]]. Isto foi o primeiro paso na súa carreira á presidencia.
 
== Vida como Presidente dos EUA ==
Liña 60:
Bush perdeu as eleccións primarias en [[Nova Hampshire]] (contra [[John McCain]], de [[Arizona]]), pero acabou gañando na maioría dos estados. Escolleu como home forte a [[Dick Cheney]] e iniciou unha intensa campaña.
 
O [[7 de novembro]] do ano [[2000]], o día das eleccións, pensouse nun principio que os votos do estado de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] irían para o [[Partido Demócrata (Estados Unidos)|Partido Demócrata]] co seu candidato [[Al Gore]]. Logo, as televisións anunciaron que ese estado correspondía a Bush. En último lugar, afirmaron que non había diferenza dabondo para confirmar a vitoria de ningún candidato. Iniciouse así unha importante polémica. Houbo queixas por parte dos dous partidos: as papeletas eran confusas, as máquinas de votar non funcionaban ben, os votos dos residentes no exterior daban problemas e moitos votantes non puideron exerce-lo seu dereito porque llo prohibiron de forma irregular.
 
Para intentar solucionar estes problemas, tódolos votos do estado de Florida se fixeron pasar por unha máquina de reconto, que deu como gañador a Bush. Pero aquí non rematou todo, porque varios [[condado]]s onde a marxe era moi estreita tiveron que volver facer un reconto manual. O [[9 de decembro]] a xustiza estadounidense paralizou este reconto e deu por válidos os resultados da máquina de reconto, co que Bush se converteu no gañador no Estado de Florida, e tamén no conxunto do país.