Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 15:
Atenas veuse nun dilema: se apoiaba a Corcira, conseguía un grande aliado e un aumento da súa influencia, ao se atraer unha potencia marítima como Corcira, que ademais dominaba as rotas marítimas cara a Sicilia e a Magna Grecia do sur de Italia. Pero tiña o inconveniente de se enfrontar a Corinto e rachar co espírito da paz dos Trinta Anos. Decidiuse por unha solución intermedia, que consistiu en enviar unha frota de disuasión e observación, pero non disposta a combater. O enfrontamento produciuse no estreito entre Corcira e o continente, pero a presenza da frota ateniense non lle permitiu á frota corintia unha vitoria que xa tiña nas mans.
 
Corintio non renunciou ao desquite e decidiu fustrigar os atenienses moi lonxe, na península da Calcídica, alentando a sublevación e a separación da Confederación. O levantamento de Potidea foi o primeiro que se produciu en toda a península, que estalou en contra de Atenas. A reacción de Pericles foi o envío dunha expedición de castigo que venceu aos potideos e seus aliados os corintios. De novo, este fracaso levou a Corinto a concebirconcibir o propósito de arrastrar consigo a toda a Liga do Peloponeso en contra de Atenas.
 
O rei Arquídamo de Esparta non estaba por entrar na guerra, pero a Asemblea considerou que Atenas incumprira a [[Paz dos Trinta Anos]] e, tras a consulta co [[oráculo de Delfos]], dispúxose a entrar en guerra, non sen antes tentar de negociar con Atenas. [[Pericles]] negouse a aceptar as condicións, que na práctica supuñan o desmantelamento da Confederación, e todo o mundo grego preparouse para guerra, aliñándose nun ou outro bando.