Metabolismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Liña 189:
 
=== Biosíntese de metabolitos secundarios ===
{{Artigo principal|MetabolismoMetabolito secundario}}
A serie de procesos metabólicos implicados nas funcións vitais dos organismos denomínase '''metabolismo primario'''. Existe tamén un conxunto de reaccións bioquímicas denominado '''metabolismo secundario''', que se producen de forma paralela ao metabolismo primario. Os compostos orgánicos producidos ([[metabolito secundario|metabolitos secundarios]]) non teñen un papel directo no crecemento ou reprodución dos seres vivos senón que cumpren funcións complementarias das vitais, tales como a comunicación intra e interespecífica (como no caso dos [[pigmento]]s [[aposemático]]s e os [[aleloquímico]]s), protección contra condicións de estrés ambiental (tales como [[radiación]], [[conxelación]], [[seca]] e estrés salino) e ataque de depredadores, patóxenos ou parasitos (como no caso das [[fitotoxina]]s, [[antibiótico]]s e [[fitoalexina]]s). As principais [[vía metabólica|rutas metabólicas]] secundarias son as [[vía do mevalonato|rutas do mevalonato]] e da 5-fosfono-1-desoxi-<small>D</small>-xilulosa, a [[Policétido|ruta do acetato-malonato]], a [[ruta do ácido shiquímico]] e as [[alcaloide|rutas secundarias de aminoácidos]].<ref>{{cita libro | autor =Paul M. Dewick | título =Medicinal natural products: a biosynthetic approach | editor =John Wiley and Sons | ano =2009 | isbn =9780470741689 }}</ref>.