Chauvinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+foto
m →‎Características: Arranxos varios
Liña 8:
{{cita|O chauvinismo é un produto case natural do concepto de [[Nación]] na medida que provén directamente da vella idea da "misión nacional"... A misión nacional podería ser interpretada con precisión como a traída de luz a outros pobos menos afortunados que, por calquera razón, milagrosamente foron abandonados pola historia sen unha misión nacional. Mentres este concepto de chauvinismo non se desenvolveu na ideoloxía e permaneceu no reino bastante vago do orgullo nacional ou incluso nacionalista, con frecuencia causou un alto sentido de responsabilidade polo benestar dos pobos atrasados.|"Imperialism, Nationalism, Chauvinism", en ''The Review of Politics'' 7.4, (outubro de 1945), p. 457}}
 
O chauvinismo resulta un razoamento falso ou paralóxico, unha [[falacia]] de tipo [[Etnocentrismo|etnocéntrico]] ou de ''ídola fori''. En [[retórica]], pois, constitúe un dos [[argumento]]s falsos chamados ''ad hominem'' que serven para persuadir con [[sentimento]]s no canto de con razóns a quen se convencen máis con aqueles que con estas, e como tal se utilizou frecuentemente por parte dos políticos para persuadir as masas. Naceu fundamentalmente coa crenza do [[romanticismo]] nos "caracteres nacionais" ou ''[[volkgeist]]''.
 
[[Erich Fromm]], [[León Poliakov]] e [[Jon Juaristi]] estudaron as manifestacións máis perversas e perigosas do chauvinismo, que poden estar asociadas a ideoloxías totalitarias, xenófobas, racistas e sexistas.