Conquista romana de Britania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 4:
 
== Introdución dos romanos en Britania ==
Entre os anos [[-55|55]] e [[-40|40 a.C.]], a política de pago de tributos, intercambio de reféns e vasallaxe das tribos británicas, iniciada coas invasións romanas de Britania comandadas por [[Xulio César]] durante a [[Guerra das Galias]], mantívose sen sufrir apenas cambios. [[Octavio Augusto|César Augusto]] preparou a invasión da illa en tres ocasiones ([[-34|34]], [[-27|27]] e [[-25|25 a.C.]]). A primeira e terceira foron abortadas por culpa de revoltas producidas noutras rexións do imperio e a segunda por culpa de que os líderes británicos parecían estar dispostos a chegar a un acordo co fin de evitar a guerra.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Dión_Casio Dión Casio], ''Historia Romana'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/49*.html#38 49.38], [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/53*.html#22 53.22], [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/53*.html#25 53.25]</ref> Segundo a ''Res Gestae'' de Augusto, dous reis británicos, Dumnovellauno e Tincomaro, viaxaron suplicantes a Roma durante o seu reinado, e a ''Xeografía'' de [[Estrabón]], escrita durante este período, di que Britania pagou máis en tributos e impostos do que podería terlle suposto se a illa fose conquistada.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Augusto Augusto], ''[//es.wikipedia.org/wiki/Res_Gestae_Divi_Augusti Res Gestae Divi Augusti]'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Augustus/Res_Gestae/6*.html#32 32]. </ref><ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Estrabón Estrabón] ''Geografía'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Strabo/4E*.html 4.5]</ref>
[[Ficheiro:Caesars_invasions_of_Britain.jpg|esquerda|miniatura|250x250px|Reconstrución da primeira das invasións de César á illa.]]
Na década dos anos [[40]], a situación política dentro de Britania era moi inestable. Os catuvellaunos desprazaran aos trinovantes como o reino máis poderoso do sueste de Britania, tomando a antiga capital Trinovantiana de Camuloduno (Colchester), e iniciaron unha política de presións cara ós seus veciños os atrebates, dirixidos polos descendentes do antigo aliado e posterior inimigo de Xulio César, Comio.<ref>John Creighton (2000), ''Coins and power in Late Iron Age Britain'', Cambridge University Press</ref>
Liña 11:
 
== Preparativos de Claudio ==
Tres anos despois da errada invasión de Calígula, o seu sucesor no trono, o emperador [[Claudio]], probablemente utilizando as tropas do seu predecesor, formou unha forza invasora para rehabilitar no trono a Verica, un rei exiliado dos atrebates.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Dión_Casio Dión Casio] ''Historia Romana'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Cassius_Dio/60*.html#19 60.19-22]</ref> [[Aulo Plaucio]], un importante senador, foi posto ó mando de catro fortes lexións que sumaban un total de 20 000 soldados sen contar ós auxiliares, cos que sumarían aproximadamente 40 000 ou 45 000 homes.<ref>Guy de la Bedoyere (2001). </ref> As lexións de Plautio foron as seguintes:
* Legio II ''Augusta''
* Legio IX ''Hispana''
Liña 19:
 
== Cruzamento e invasión ==
A forza principal de invasión de Plaucio partiu en tres divisións. Xeralmente, crese que o porto dende que partiu o exército romano foi [[Boulogne-sur-Mer|Boulogne]], e que o principal punto de desembarco localizouse en Rutupiae (Richborough, na costa este de [[Kent, Inglaterra|Kent]]). Con todo, non está demostrado que estes dous lugares sexan certos. Dión Casio non menciona o nome do porto de partida, e aínda que Suetonio si di que a forza secundaria partiu baixo o mando de Claudio dende Boulogne, iso non significa necesariamente que a forza de invasión enteira partise dende alí.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Suetonio Suetonio], ''Las vidas de los doce césares, Vida de Claudio'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Suetonius/12Caesars/Claudius*.html#17 17]</ref> Pola súa banda, Richborough conta cun gran porto natural, que sería axeitado, e mostra restos arqueolóxicos romanos que indican unha ocupación militar no momento adecuado. Con todo, Dión Casio alega que os romanos partiron do leste cara ó oeste, e unha viaxe de Boulogne a Richborough suporía un desprazamento de sur a norte. Algúns historiadores suxiren que a forza invasora navegou dende Boulogne cara a Solent, desembarcando nas proximidades de Noviomagus (Chichester) ou [[Southampton]], en territorio gobernado oficialmente por Verica.<ref>Por ejemplo, John Manley, ''AD43: a Reassessment''.</ref> Unha explicación alternativa propón unha viaxe dende o [[Río Rin|Rin]] cara a Richborough, que suporía un desprazamento de leste a oeste.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Estrabón Estrabón] (''Geografía [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Strabo/4E*.html#5.2 4:5.2]) el Rin fue un punto de partida muy utilizado para cruzar hacia Britania durante el [//es.wikipedia.org/wiki/Siglo_I Siglo I].''</ref>
 
== Derrota da resistencia sur ==
Liña 31:
No ano [[44]], o xeneral [[Vespasiano|Tito Flavio Vespasiano]] asumiu o mando dunha pequena forza e marchou cara ó oeste subxugando ás tribos e capturando unha serie de ''[[Oppidum|oppida]]'' ó longo do seu camiño. A marcha de Vespasiano chegou polo menos até [[Exeter]] e, probablemente, alcanzou a rexión de Bodmin.<ref>[//es.wikipedia.org/wiki/Suetonio Suetonio], ''Las vidas de los doce césares, Vida de Vespasiano'' [http://penelope.uchicago.edu/Thayer/E/Roman/Texts/Suetonius/12Caesars/Vespasian*.html#4 4]</ref> A ''Legio IX Hispana'' foi enviada cara ó norte, cara a Lincoln e, tras catro anos de invasión, é probable que a área ó redor de Humber até o [[río Severn]] caese baixo o control romano. A situación da [[Vía romana|calzada romana]] coñecida como ''Fosse Way'' levou a moitos historiadores a debater o papel da ruta como unha fronteira durante a primeira ocupación. É máis probable que a fronteira entre os romanos e os britanos fose menos fixa e máis cambiante durante este período.
[[Ficheiro:Boudiccastatue.jpg|miniatura|300x300px|Estatua de [[Boadicea]] preto da ponte de Westminster.]]
A finais de [[47]], o novo gobernador de Britania, Publio Ostorio Escápula, iniciou unha campaña contra as tribos asentadas no que hoxe é [[Gales]] e Cheshire Gap. A tribo dos siluros, asentada na rexión do sueste de Gales, causou considerables problemas a Escápula e defendeu con firmeza a fronteira galesa situada nas proximidades do seu territorio. O propio Carataco foi derrotado nun encontro e fuxiu cara ó territorio dos brigantes, que ocuparon os Peninos. A raíña deste pobo, Cartimandua, estaba pouco disposta a batallar cos romanos e decidiu asinar un tratado de paz con eles polo cal ela lles entregaba a Carataco e eles comprometíanse a apoiala militarmente, ata que no período de inestabilidade que seguiu á morte de [[Nerón]], perdeu o trono a mans do seu ex-marido. Cando Ostorio morreu, foi substituído por Aulo Didio Galo, que penetrou na fronteira galesa, tomándoa pero sen poder chegar máis lonxe, probablemente porque Claudio quería evitar custe o que custe unha dura guerra de desgaste co obxectivo de abrirse camiño a través do montañoso territorio británico. Cando [[Nerón]] ascendeu ó trono tras a morte de Claudio no ano [[54]], parecía decidido a continuar a invasión da illa e nomeou a Quinto Veranio como gobernador da [[Britania|provincia]], un home con experiencia en tratar coas belicosas tribos de [[Anatolia|Asia Menor]]. Veranio e o seu sucesor, Caio Suetonio Paulino dirixiron con éxito unha campaña ó longo do territorio de Gales, famosa por destruír a resistencia dos [[Druída|druídasdruída]]s ó capturar os seus capitais de Mona ([[Anglesey]]) no ano 60. A ocupación final de Gales foi detida por mor da rebelión da [[Boadicea|raíña Boadicea]], cuxas tropas obrigaron ós romanos a retroceder cara ó sueste. Os siluros non foron conquistados por completo até o ano [[76]], tras unha longa e dura campaña dirixida polo xeneral romano Sexto Xulio Frontino.
 
== Notas ==