Aquilino Iglesia Alvariño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ dato desde Arias Chachero (2017)
+ dato desde a referencia achegada
Liña 14:
Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo [[Portugal|portugués]] e, en menor medida, do imaxinismo herdado de [[Luís Amado Carballo]] e do vangardismo de [[Manuel Antonio]]. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou ''Señardá'' ([[1930]]), poemario formado por 50 sonetos no que o tema principal é a dor;<ref name="RAG">{{Cita web|url=http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/23876#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do?|páxina-web=Real Academia Galega|título=Aquilino Iglesia Alvariño|data-acceso=14 de maio de 2016}}</ref> e ''Corazón ao vento'' ([[1933]]) onde hai unha maior abertura ao [[poesía de vangarda|vangardismo]], tamén foi colaborador de ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]],'' fundador da ''Renacencia'' e militante do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]].
 
Cando estoupou a [[Guerra civil española|guerra civil]], Iglesia Alvariño compuxo o poemario de signo [[fascista]] en [[Lingua castelá|castelán]] ''Contra el ángel y la noche''.<ref name="RAG"/> En [[1947]] aparece ''Cómaros Verdes'', considerado o primeiro libro de poesía de entidade publicado en [[lingua galega]] tras a guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que a [[saudade]] é un tema fundamental, mesturando [[hilozoísmo]], [[neotrobadorismo]] e clasicismo formal.

En [[1951]] participou no certame de tradución que organizou a editorial [[Bibliófilos Gallegos]], cunha versión das ''Carmina'' de [[Horacio]] que traduciu como ''Canciós''. Non gañou o certame, se ben os vencedores ([[Ramón Piñeiro]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cunha tradución de poemas [[Lingua gaélica|gaélicos]] que escolmara [[Julius Pokorny]]) non cumpriron as bases ao non traducir directamente da lingua orixinal, senón do [[Lingua alemá|alemán]]<ref>{{Versaleta|[[Xesús Alonso Montero|Alonso Montero, X.]]}} (2001): "A tradución galega, por Aquilino Iglesia Alvariño, das Odas de Horacio", en {{Versaleta|[[Adolfo Soto Vázquez|Soto Vázquez, A.]]}}: ''Insights into translation''. A Coruña: Tórculo.</ref>.

En ''Día a Día'' ([[1960]]) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con ''Lanza de Soledá'' ([[1961]]) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén ''Nenias'', poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende [[Catulo]] ata [[Rosalía de Castro]]. Postumamente editouse ''Leva o seu cantare'' ([[1963]]), que recolle poemas inéditos ou espallados por diversas publicacións.
 
== Obras ==