Aeroporto de Varna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
amplio de en.wiki
Liña 37:
 
O '''Aeroporto de Varna''' ([[IATA]]: '''VAR''', [[ICAO]]: '''LBWN''') é o aeroporto da cidade de [[Varna]], a capital marítima histórica de [[Bulgaria]]. É o terceiro máis grande do país e é un importante destino durante a temporada estival. O aeroporto atópase a 10 quilómetros do centro de Varna, preto da vila de [[Aksakovo]], e serve ao nordés de Bulgaria. Ten voos domésticos e internacionais a 71 destinos de 29 países operados por unhas 50 aeroliñas.
 
== Historia ==
A historia do aeroporto remóntase ao ano [[1916]] cando se construíron dous galpóns para o primeiro hidroporto de Bulgaria, situado na área de Peinerdzhik. Entre [[1919]] e [[1920]] houbo un servizo de correo irregular entre [[Sofía]] e Varna e non sería ata [[1947]] cando se estableceu unha liña permanente entre as dúas cidades. O que medrara como o '''aeroporto de Tihina''' estaba situado ao oeste da actual ponte de Asparuhov e era bastante primitivo para satisfacer as demandas dunha cidade moderna. Así en [[1946]] tomouse a decisión de construir un novo aeroporto a varios quilómetros ao oeste da cidade, preto de Aksakovo. As melloras foron chegando cos anos, construíndose unha nova terminal en [[1972]] e unha nova pista en [[1974]].
 
Dende o [[15 de outubro]] de [[2011]] ata o [[28 de febreiro]] de [[2012]] o aeroporto estivo pechado debido á reconstrución da súa pista de aterraxe. Todos os voos transladáronse ao [[aeroporto de Burgas]].<ref>{{cita web|título=Varna Airport Closes for Runway Overhaul in October|url=http://www.novinite.com/view_news.php?id=130853|editor=Novinite|dataacceso=21 de novembro de 2017}}</ref> No ano [[2013]] inaugurouse unha nova terminal de pasaxeiros, pechándose a antiga.
 
==Aeroliñas e destinos==